O día 27 de Marzo, reunímonos case todos os animadores de Xentenova (un punto menos para os que non viñeron) para avaliar o segundo trimestre, e empezar a concretar datas e demais cousas da recta final deste curso.
As 10 da mañá, os mais madrugadores chegabamos á Primeira Convocatoria, para empezar colocar mesas e sillas, para poder reunirnos en condincións de traballo.
O encontro deu comezo, cun xogo de información, información sobre cada un... pero non contada por un mesmo senón que outra persoa faciache unha pequena entrevista; e con esa información contaba os demais os motivos que nos fixeron chegar a Xentenova, por qué decidimos ser animadores... é dicir, un pouco da nosa vida.
Seguidamente, empezamos a dinámica de avaliación dirixida por Tania. Esta vez, sería un pouco diferente, e teríamos que por, ás distintas actividades e a sua organización, adxetivos que ían dende "clase maxistral" pasando por "estupendo", "ben" ou ata "insuficiente" ou "peor"...
Ó rematar a avaliación, considerando que o trimestre... ben, cousas ben e cousas a mellorar, fixemos unha breve formación en historia: co gallo do 25º Aniversario de Xentenova, aprendimos algo do que se facía dende hai anos ata hoxe.
Finalmente un descanso merecido para comer e disfrutar do cafeciño.
Para a tarde, deixamos a programación do terceiro e último trimestre deste curso. Concretamos datas, algunha actividade... falamos do campamento deste ano, e para casiña que todo o día fora, xa pesa!!
Non nos facemos responsables do seu contido.










