Inicio Contactar A favoritos Buscar
Menú
Ingreso
Usuario:

contrasinal:



Para todos os achegados
á entidade.

Rexistrarse

Preme aquí se esqueciches o teu contrasinal
Ligazóns
Páxina inicio  |     Login

Novas : Café Concerto 25º Aniversario
Publicado por Diego Freiría o 03/06/2010 (130 lecturas)
Novas

Ola a todos. Pedíronme escribir algo sobre o Café Concerto do sábado pasado, e aquí estamos.Para os que xa levamos moitos anos metidos nestos temas (aínda que pouco tempo na asociación), un Café Concerto sempre é un momento especial, pero éste foino moito máis.

Como todos sabemos, este ano celebrabámos os 25 anos da Asociación, e o Café Concerto quixo ser algo así coma un recordatorio dos de anos atrás, e así lembramos vellas actuacións.Pero o verdadeiramente importante do acto foi, coma sempre, a xente, a xente que fixo e fai esta Asociación, xente que fai anos puxo os seus esforzos en animar esta idea, e que, por motivos da vida, hoxe non seguen tan activamente coma antes; e a xente que colleu hoxe o seu relevo, e que fan posible que esta idea goze da boa saúde que ten.
Por iso, gracias a todos, ós de antes, ós de agora e ós que virán, por facer que Xentenova sexa tan importante para tanta xente, e que estes Cafés Concertos sígannos xuntando por moito tempo.

Versión imprimible Enviar a un amigo
Os comentarios son responsabilidade das súas remitentes.
Non nos facemos responsables do seu contido.

Enviou Fío
anitum
Enviado: 03/06/2010 23:45  Actualizado: 03/06/2010 23:45
Conectado: 01/01/1970
Desde:
Envios:
 Re: Café Concerto 25º Aniversario
O sábado, de volta a casa, baixando pola Gran Vía, decateime que este cafe concerto conseguiu moverme por dentro. Entre caras novas e caras de sempre. Entre cancións e fotos. Moitos recordos e ilusións. Moito tempo vivido no centro xuvenil que deu lugar a moitos momentos felices. E forman parte de min, da miña persona. Por iso gracias por este café concerto. E gracias a todos os que seguides facendo que Xentenova siga en pé.

Ana

Enviou Fío
mondie-go
Enviado: 05/06/2010 14:14  Actualizado: 05/06/2010 14:15
Conectado: 01/01/1970
Desde:
Envios:
En liña
 Loitando polo futuro
Qué café concerto máis interesante... a posta en escea fabulosa... e a xente... xenial coma sempre... as cancións lembráronnos momentos inesquecibles ao igual que as fotos que nos acompañaron durante todo o tempo... O presentador comezou frío pero foi dándolle un toque moi cheo de historia e bo rollo...

Mágoa que non fósemos quen de convocar a máis vellas glorias de xentenova e dos café-concertos iniciais...

23 café-concertos son unha boa bagaxe e dicen moito desta familia de Xentenova...

Tentaremos facer unha gran cea de vellos animadores para ver se para ese momento somos quen de convocar a máis xentiña da que xa forma parte da nosa historia.

Xa estou esperando o seguinte café concerto...
Almanaque
Mes pasado2010 SepMes que ven
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Seccións
 Feito con XOOPS 2.0 © 2001-2003 The XOOPS Project    [Design by 7dana.com]