Inicio Contactar A favoritos Buscar
Menú
Ingreso
Usuario:

contrasinal:



Para todos os achegados
á entidade.

Rexistrarse

Preme aquí se esqueciches o teu contrasinal
Ligazóns
Páxina inicio  |     Login

Novas : Xornada Solidaria "A Gran Idea"
Publicado por Aldara o 30/04/2010 (60 lecturas)
Novas

O pasado 24 de Abril, Xentenova decidíu reflotar a nosa tradicional e xa esquecida Xornada Solidaria. Un día para concienciarnos un chisco de como anda o noso mundo, e as diferenzas entre os distintos continentes.

A mañá comezou cun gran xogo da economía mundial, onde o obxetivo era producir pezas a cambio de diñeiro. Despois dun reparto pouco aleatorio, cada neno/a pertencía a un continente onde tiñan que traballar, pero existían uns poucos problemas: África tiña man de obra, pero non materia prima, EEUU tiña man, pero non materia, pero tiña cartos... así que fomos testemuñas de todo tipo de pactos, regras... e ata roubos ó banco!!!
Cando a fame e o cansanzo xa facían mella, fomos á Finca de San Roque onde comemos un bocata, froita e unha botelliña de auga a cambio dun donativo para un proxecto solidario, como pequeníiiiisimo símbolo da nosa solidaridade. Correteamos un chisco, e despois dunha sobremesa onde nos deixamos as cordas vocais e ata bailamos co xogo do furor, voltamos á Asociación.
Alí, rematamos o día dunha forma relaxada, mirando a película "Binta e a gran idea". Unha curtametraxe moi chula e orixinal, que os que non asistíchedes, podedes mirar vía internet.
Cada un deu o donativo que considerou oportuno, e o diñeiro recadado (165€, nada mal para os poucos que estabamos), foi, en colaboración coa ONG "Educación Sen Fronteiras" ó proxecto "Bibliotecas en bicicletas na montaña do Perú" para que os habitantes destes pobos onde non chegan os coches, tamén poidan disfrutar do pracer de ler.

E así transcorreu esta Xornada Solidaria, que estamos moi orgullosos de ter recuperaro. A pena foi a baixa participación e que ningún pai foi quen de animarse a participar activamente. Queda para outra ocasión.

Versión imprimible Enviar a un amigo
Os comentarios son responsabilidade das súas remitentes.
Non nos facemos responsables do seu contido.

Enviou Fío
Aldara
Enviado: 12/06/2010 13:16  Actualizado: 12/06/2010 13:16
Conectado: 01/01/1970
Desde:
Envios:
 Re: Xornada Solidaria "A Gran Idea"
acepto los cambios producidos... tienes mi permiso, Diego jejeje
Almanaque
Mes pasado2010 SepMes que ven
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30
Hoxe
Seccións
 Feito con XOOPS 2.0 © 2001-2003 The XOOPS Project    [Design by 7dana.com]