Os proxectos que adicamos aos máis cativos e aos que xa comezan a deixar de selo tentan ser actividades continuadas semana a semana, de maneira que os asistentes vaian formando un grupo de amigos e amigas, que axudará moito a fomentar os valores que pretendemos transmitir.
Son os seguintes:
- Xainines (1º a 3º de Primaria)
- Trasnos (4º a 6º de Primaria)
Xainines e Trasnos son actividades de ocio educativo para nenos e nenas. Xogos, contacontos, historias, cancións, e todo co obxectivo último de fomentar os valores universais (amizade, paz, solidariedade, respeto, coidado do medio ambiente, etc) mentras se divirten.
- Tolainas: (Preadolescentes de 1º a 3º da E.S.O.)
É unha actividade de ocio educativo para preadolescentes. No fondo, pretende o mesmo que as dúas anteriores, pero ofertando actividades moi diferentes adaptadas a estas idades. O xogo dos pequenos convirtese aquí en grandes aventuras que vivenciar en grupo mentras se divirten.
As actividades realízanse os sábados pola mañá en horario de 11h a 13h nos locais da Asociación de Veciños San Roque na R/ 1ª Travesía San Honorato Nº3 Baixo ,en Vigo.