Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Vindeiras Actividades

Festival de Nadal

Sábado 21 de Decembro de 17h a 18:30h

 

Tod@s os participantes das actividades de xentenova suben ao escenario a cantar ou facer algunha representación relacionada co Nadal. É unha actividade para que toda a familia veña a disfrutar do espectáculo.

 

Entregaremos tamén os premios do Concurso de Postais de Nadal e cada participante recibirá a súa postal personalizada.

Café Concerto

Sábado 21 de Decembro de 20h a 22h

O noso pequeno concerto desenchunplugged feito entre tod@s: cantar, tocar, contar un conto, poesía, maxia, ... Prepara a túa actuación e anímate a subir ao escenario.

 

E se a música non é o teu... tamén necesitamos espectadores entusiastas que veñan disfrutar do espectáculo e do café.

 

Para moz@s a partir de 15 anos e adultos.

Entrada Gratuíta. Esperámoste!

Temos Loteria... Podes pedila na oficina. Oxalá Xentenova repartise sorte neste Nadal.


"A Xuventude non é unha idade senón unha forma de voar"