Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Neve, neve... e máis neve!

 

O pasado sábado 26 de Xaneiro fomos de excursión a Cabeza de Manzaneda...
Despois de 4 anos de sequía goleadora, ¡por fin tivemos un día espléndido con neve por tódolos currunchos!... e tamén atopamos xente... moita xente...
Nen@s, moz@s e nais e pais pasámolo de medo co concurso de bonecos de neve e lanzándonos polas ladeiras...

A semana anterior resultou de infarto para os que andabamos en temas organizativos... que si non enchemos, que si agora non cabemos... pide un bus máis grande... vale pero so teñen libre un con dúas prazas máis... que tal se collemos outro bus... non que non chegan os cartos... apuntáronse dous mais así que agora chegan... pero caíron outros tres... xa non hai segundo bus... e non te esquezas de facer o seguro... que o ordenador non vai... pois temos que facelo si ou si... volveuse colgar o asunto... que facemos?... agora si que vai... pois listo calixto. ¡Puf... por fin!

Quedamos as 9h nos locais da entidade... o día prometía porque sabiamos que había neve a esgalla e que o tempo ía estar bo... cousa difícil de prever nunha excursión deste tipo por certo... os participantes foron moi puntuais e o bus tamén, polo que despois de cobrar as cotas correspondentes, saímos cara manzaneda... Iamos estar moito tempo na estrada xa que o túnel da Cañiza estaba pechado e había que ir por Fontefría... Así que sacamos a guitarra e os cancioneiros retro que resultaron bastante apañadiños... mágoa que o bus non tivese micro... deixamos os fígados... digo... a garganta no intento, xa que os de atrás apenas escoitaban nada... Lembrádeme que para outra levemos o megáfono no bus... Despois dunha paradiña para evacuar os nosos depósitos e picar algo... por fin chegamos a Manzaneda en torno as 13h...

¡Mamma mía!... ¡Peasso barullo!... nunca miraramos tanta xente... oes... que non imos entrar no monte!... vannos deixar sen neve!... e onde imos aparcar?... pero se o bus non pode subir... pois que vaia para atrás... para atrás tampouco pode que hai caravana... pois nada... apagamos o motor e alí quedamos no medio da calzada... Comemos ali mesmo no medio e medio, pero esta vez máis contundentemente, xa que non o volveriamos facer ata as 16h aprox... Metémonos na neve e o primeiro foi o concurso de bonecos... houbo quen trouxo as zenorias  e todo... grupos por idades... competición ao máximo... os pais metidos na broma a tope... ¡qué fantástico!...  Cada un tiña o seu aquel... todos moi orixinais e divertidos... o mellor foi o ímpetu que puxeron todos... ¡Moitas grazas a todos!...

Logo buscamos unha ladeira alí ao lado, e sacamos os prásticos... woooouuuuuu... como mola isto!... pa flipar!... volve subir que isto hai que repetilo!... ei! esta foi tremebunda!... jajajaja!... coidadoooooo! apartadeeee...! uf... pasou rozando... que se me escapa o plástico.. jajaja... teño neve ata dentro dos calcetíns... jajaja!... e asín unha e outra vez... pero... puf... oes... esta costa xa me cansa... ¿Temos que subir outra vez?... xa non podo máis... mellor me sento... eins rapaces... unha de animadores... pero se somos moitos... moito mellor... imos espichar... que va... alaaaaavaaamoooossssss!.... coidadoooo... jajaja... xenial xenial!... repetimos... agora que se sumen mais... veña que imos facer a serpe máis grande... isto é todo un récord... desta non saímos ben... que va... aaaaaaaaaaaaaaahhhh... vaia torta... quedamos espichados no medio do camiño... peasso boquete na neve... jajajaja... hai que repetilo e facelo ben... jajajaja... ben... total... que o pasamos a tope de ben...

Cando todo o mundo estaba canso, alá polas 15:30h... voltamos para o bus a cambiarnos de roupa... primeiro as mulleres... mira que tardaron... que estamos conxelados aquí fora!... jajaja... e logo os homes... e como o bus seguía atrapado no aparcamento non puidemos baixar a Trives... así que tocou improvisar algo: cine no bus e paseo e café... cada quen escolleu... a maioría quedou a descansar no bus coa peli, e os demais fomos a tomar un cafeliño quentiño e estirar as pernas... momento tamén para falar con xente que apenas coñeciamos... foi outro bo momento...

Finalmente chegou a guarda civil... ¡Sen tempo non era!... chegan tarde e con esixencias!... ains... abriron un camiño e o bus puido subir e dar a volta... pero xa era tarde para parar en Trives, así que tiramos para Castrocaldelas onde paramos un chisquiño a mexar e a mercar unhas bicas... que boas estaban as condenadas... jajaja... e logo para casa... chegando a Vigo xusto non horario previsto pola organización...

 

¡Que ben o pasei!... espero que vos tamén... foi a mellor excursión da neve de Xentenova dos últimos anos... Todo cuadrou á perfección, o tempo, a neve, moita xente, ... a ver se seguimos mantendo todo este cuorum para as vindeiras... saúdos a todos e esperamos os vosos comentarios...

 

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 5
  • #1

    Santi (sábado, 09 febrero 2013 17:42)

    Polo que se ve o pasachedes chachi-pirulachi, quedounos pena a min e a Lourdes non poder aver ido, pero bueno aver si pa outra vez nos cadra millor.
    Por certo moi boa a nova Web.

    Un saudo pra todos.

  • #2

    Roger Gruner (viernes, 03 febrero 2017 11:44)


    Hurrah! After all I got a website from where I know how to really take helpful information concerning my study and knowledge.

  • #3

    Stephine Golub (martes, 07 febrero 2017 15:04)


    Keep this going please, great job!

  • #4

    Mia Chabolla (martes, 07 febrero 2017 15:12)


    This post presents clear idea in favor of the new users of blogging, that actually how to do blogging and site-building.

  • #5

    Loriann Montague (martes, 07 febrero 2017 16:11)


    That is a very good tip especially to those new to the blogosphere. Short but very precise info� Thank you for sharing this one. A must read article!