Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Un Entroido diferente

Qué cedo chegou este ano o Entroido! ... e fixémolo moi distinto a anos anteriores... aproveitamos a actividade das mañás dos sábados e a alongamos ata despois de xantar... e a verdade e que xa facía tempo que non quedabamos tan satisfeitos...

E houbo de todo, gran xogo para os rapaces, teatro, desfile, entrega de premios, xantar compartido xunto coas nais e pais e... ourellas... moitas ourellas...

Todo comezaba ás 11h da mañá do sábado 9 de Febreiro... O equipo de animadores de Trasnos tiña todo preparado para pasalo de medo... algúns bacallaus chegamos tarde... pero en xeral a xente foi bastante puntual... E cuns disfraces moi currados nalgúns casos... e moi variados... gañaron os indios por goleada... jajaja!... Un gran xogo por equipos deu comezo á mañá, onde non faltaron as carreiras, as escapadas uns de outros, o boneco escondido e atopado... en fins... moito movemento para fundir o almorzo... logo houbo que preparar actuacións por grupos de idades... os trasnos fixeron dúas representacións, os Tolainas un desfile de modelos, e os Bule-Bule fixeron uns "esquechs" de chistes malos malísimos... Tamen houbo tempo para que cada quen pasease polo escenario e mostrase as súas galas... O mellor de todo foron as votacións... non houbo xurado... ou mellor dito si que o houbo... fomos todos... todos votamos a todos... así non cabía o tongo nin as suspicacias... 

Unha vez rematada a actividade da mañá sumáronse algúns pais e nais... que fantásticosomosomo!... esta vez viñeron máis que na ocasión anterior... Os máis sorprendentes foron os que viñeron enmascarados dende a ópera... ¡Agradecemos moito o apoio de todos os que viñéchedes... e imos aumentando cuorum para outra!... E que xantamos?... pois de primeiro ourellas... de segundo... creo lembrar que ourellas... e de prostre... como non... ourellas... tamén houbo empanada, filloas e outras chuminadas... pero sen dúbida as ourellas foron as grandes triunfadoras... e mentres os rapaces tiñan un chisco de tempo libre, houbo café para os pais e nais e animadores... ¡qué boa tertulia en Familia!... temos que ter máis momentos destes...

E para finalizar unha fantástica sobremesa ao aire libre na que... nenos, mozos e pais e nais fixemos distintos xogos supermegaarchidivertidísisssisisisisismos... rimos, bailamos, xogamos, fixemos o ñordo... que si tipiticha... que si isto é un qué e isto un quinqué... un qué?... e... como non... entre xogo e canción... chachán!... ENTREGA DE PREMIOS!... Entregamos premios infantís, non tan infantís, xuvenís, e adultos... e que premios eran?... pois unhas megachuches superxeniais... houbo quen se emocionou e todo... foi moi divertido... e pa rematar con bo sabor de boca e que ninguén se quedase triste por non levar premio... caramelos para todos...

 

En fins... moitas grazas a todos por vir... aos nenos por seguir vindo a xogar... aos mozos por participar tan ben de todas as actividades de tan bo rollo... e aos pais por confiar en nós e por participar... Definitivamente gustoume moito esta festa... e iso que a min non me gusta o Entroido... así que ata a próxima... Ala agora a deixar algún comentario...

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Papas Rodriguez y Francisco (lunes, 25 febrero 2013 20:21)

    Chupi chupi guay,tipiticha, un que?.... Que ben o pasamos, disfrutamos mais cos nenos, e que fartura de ourellas, isto e pra repetir, pro ano voltamos se as nosas obrigacions no lo permiten.
    Dende eiqui quero facer un chamamento os Pais pra que se animen a participar nestas actividades nas que a diversion esta grantida y ademais pra poder pasar un bo e bonito rato cos nosos fillos en familia e con amigos. Algo que en estos tempos xa casi non se fai por mor da falta de tempo que temos os maiores.
    Un saudo e unha perta pra todos.