Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

¡Peasso Café Concerto!

¡Si señores!... unha edición máis e xa van... mmm... enésimas... esta actividade tan querida por todos non defraudou... boas cancións, bos intérpretes, moitas risas, moita xente, e moi bo "rollito"...

Para os non iniciados dicir que consiste nun pequeno concerto básico/umplugged en directo que vimos facendo dende 1997... a xente prepara cancións, podes ser un bo cantante ou un principiante... aquí todos podemos expresar as nosas capacidades musicais... e de feito o fixemos...

Para ser sinceiros, algúns andabamos algo nerviosos e dubidosos de que ésta fora unha boa edición... non poder contar co noso presentador habitual, o mestre Fonsi, tíñanos algo tristes e preocupados... estabamos seguros de que botariamos de menos a súa chispa para facernos rir entre canción e canción. E a curta lista de cancións tamén nos tiña algo preocupados... 

Ao redor das 9:30h... ejem... quizáis algo máis... deu comezo a velada... víanse caras habituais e algunha non tan habitual que sempre se agradece... O presentador novato non comezou de todo mal, o que facía presaxiar que non sería de todo un desastre... jajaja... Como novidade dicir que nesta ocasión o presentador decidiu non especificar unha orde concreta de actuacións e improvisar sobre a marcha... cousa que aportou unha certa frescura...

Empezamos con boas voces e boas cancións que garantizaban un ambiente propicio entre o público... así Fran, Migui e Adrián con "Too Close" de Alex Clare seguidos de Anahy e Nerea con "The Cave" de Mumford & Sons, fixeron as delicias do público...

E o novato presentador parecía estar inspirado... así o percibía o público que se entregaba cada vez máis... as cancións escollidas daban moita cor ao repertorio, pasando por diferentes estilos musicais... Así puidemos escoitar interesantes versións como a de "Try" do grupo Pink a cargo de Fran, Adrián, Anahy e Noemi... Incluso o presentador atreveuse a cantar un "solo" coa grandísima canción símbolo da Bossa Nova chamada "Garota de Ipanema"... non sen destrozala un chisco sobre todo ao principio... jajaja... finalmente foi a máis recibindo unha estrondorosa ovación do público. Sen dúbida un bo momento da noite...

Pero non pensedes que a cousa baixou... seguidamente asistimos a unha versión exquisita dunha canción de Nina Simone chamada "Feeling Good" e como comprenderedes, nada fácil de interpretar... felicitacións para María, Migui e Alberto. A noite estaba a ser moi boa, e, de feito chegamos a outro dos grandes momentos da noite coa interpretación dunha canción popular. O presentador non sabía qué ian interpretar os músicos Jose e Adrián, polo que foi unha sorpresa para todos que nos fixo rir nun primeiro momento e cantar todos moi forte despois; unha canción especial, chea de simpatía e bos recordos... fixéronnos voltar a infancia coa canción do noso amigo "Marco"... aquel que buscaba a súa nai e tiña un mono chamado Amedio... ¡Qué bo momento!.

Despois de que os mesmos artistas cantaran a coñecida "Moon River" de Mercer e Mancini, tivemos o pracer de escoitar "No dudaría" de Antonio Flores a cargo dos mozos de Bule-Bule, i "El sol no regresa" de La quinta Estación coa suave voz de Yaiza acompañada por Fran e Migui nas guitarras... Seguidamente teriamos o pracer de escoitar dúas perlas da historia do Rock como son "Hotel California" dos Eagles interpretada por Tania, Aldara, Diego F. e Diego, e "Leavin' on a Prayer" de Bon Jovi a cargo de Fran e Jorge na súa versión umplugged. As dúas foron moi agradecidas polo público. ¡Qué "pronunxeixon" aporta Tania ás cancións en "Inglish"!. E, como non, Anahy volveunos sorprender achegándonos unha gran canción denominada "Paralelo" dun grupo descoñecido por casi todos que se chama Mäbu e que, acompañada por Adrián e Fran, gustou moito. Nunca está de mais aumentar a nosa cultura musical... jajaja...

E xa achegándonos ao final da velada, asistimos ao ¡MOMENTAZO DA NOITE!, cando Neko tentou improvisar, con pouca fortuna para que vamos a negalo, "Bailar Pegados" de Sergio Dalma... a cousa comenzaba un chisco desastre pero a saída ao escenario do "espontáneo da noite", un home cun instrumento vocal impresionante e cunha presenza imponente no escenario, axudou a Neko a levantar ao público dos seus asentos como non se lembraba xa nos cafés concertos. ¡Que ben cantado!, ¡que posta en escea! ¡que ben improvisado!, que teatralización de Neko!... Sublime!, ¡apoteósico!... jajajaja.

Despois disto xa non quedaba nada máis que facer... so despedirnos dignamente para non estragar a fantástica velada vivida... e, como non, quedaba para o final outra perla do Rock dunha das bandas máis recoñecidas, a Creedence Clearwater Revival. Así Alberto, Migui e Diego puxeron punto e final a esta edición do Café Concerto con "Have you ever seen the rain?".

 

Sen dúbida unha noite que quedará marcada no noso recordo.

 

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Aldara (miércoles, 01 mayo 2013 19:09)

    Fonsi!!! Botámoste de menos como presentador... pero si, recoñecemos que o sustituto... defendeuse moi ben!!
    Un bo café concerto... aínda que a min encántanme todos... o mellor sen dúbida, o espontáneo para cantar Bailar Pegados... e a canción de Marco!!!
    Ata o próximo!!!