Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Xornada Solidaria Medioambiental

Qué fantáaaaastica a Xornada Solidaria deste ano… viaxe en Vitrasa, plantación de árbores, unha pequena ruta na nosa cidade... ¿Que mais se pode pedir para un día así?

¡Que levante a man quen non o pasou de fábula o sábado!… Seguro que todo o mundo ten as mans ben abaixo.

Podería rematar este artigo agora mesmo dicindo que foi xenial, maravillosa, divertida, que o pasamos de medo… pero imos dar un pouco de envexa a aqueles que non nos acompañaron... a ver se anímanse para a seguinte saída!!

Comezamos o día as 09.45h na parada do Vitrasa no Areal… o primeiro a destacar, a puntualidade de todo o mundo… non tivemos que esperar a ninguén… e menos mal, posto que o bus sí que non esperaba por nos!

Subimos ao Vitrasa ás 10:00h... Fomos na liña 8 e peasso volta que da o bus este...jajaja... ruta turística total... Atravesamos o centro, castrelos, Beade, a universidade... e contamos chistes, e rimos moito...

Preto das 10.45h baixabamos todos na parada do Mercantil, onde xa nos estaba a esperar Marta, a persoa da empresa Terrafirme que nos acompañaría durante todo o día e sería a nosa estupenda guía ecolóxica. Un pequeno paseo con ela ata o lugar da reforestación, onde nesta ocasión estaría Jandro, o cal explicounos moitas cousas sobre a plantación de árbores: porqué se plantaban en liña, que usaríamos Carballos e Cerdeiras silvestres… e guiounos á hora de facer o burato, plantar a árbore para que crecese dereitiña… e ata animounos a poñer nome a árbore plantada!! Uns foron máis orixinais que outros cos nomes, pero teremos que volver polo sitio o ano que ven… e mirar se “Pachuchín”, "Árbol", "Clarman", "Adrican", “NereAlda”,… seguen crecendo fortes e sans.

Cando xa todos acabamos o traballo, tocaba camiñar un chisco máis ata o Parque Forestal de Beade. Neste caso, o xogo que dominou o paseo era "Veo, veo, una cosita, de que color es?" ondre Candela e Adri o poñían moi dificil.
Unha vez no parque, repartímonos polas mesas e a comer!! Que rápido comen estes nenos... así que pasamos un bo rato de sobremesa: Nenos xogando o fútbol, no parque infantil, facendo xogos con algúns animadores…  e os outros animadores acompañando os adultos no momento do café… un momento xenial… posto que tamén temos que coidar os papis e mamis!!

Despois de coller forzas coa comida e o café… chegaba o momento mais temido por algúns… unha pequena ruta pola Senda do río Eifonso: Moita auga ó principio… unha mangueira perdida polo medio do monte que botaba aínda máis auga… pero non diredes que non foi unha ruta superxenial. Marta fixoa moi amena posto que contounos moitas cousas e ata fixo un pequeno xogo, onde a algúns voluntarios lles deu un pequeno obxeto que usaban os nosos antepasados na súa profesión... e os demais, chegado un punto concreto, tiñamos que adiviñar para que o usaban e a que se dedicaba esa persoa.  

Pasiño a pasiño, chegamos ata unha cascada preciosa que temos tan preto de Vigo e seguro que non moitos coñecíamos. Unha vez abaixo, a merendar e recargar as pilas que quedaba subir ata a Ermida de San Cibrán, pero todos como grandes campións, subimos sen queixarnos, para rematar a xornada cun pequeno obradoiro de Compostaxe. Marta explicounos cómo se facía, en que consistía… e todo aquel que quería levou unha pequena mostra para casa coa súa haba plantada… seguirán todas vivas, non?? Máis os vale coidala ben!!

Rematado o obradoiro, todos á parada do Vitrasa esperar o bus que nos levaría de volta ó centro da cidade. Na parada xa se notaban caras de cansanzo... pero a maioría amenizamos a espera xogando a "Don Federico", "Toma tomate"... e enseguida chegou o bus. Se na ida a viaxe foi de chistes, na volta foi amenizada con cancións, e as 20.15h máis ou menos, remataba a nosa especial Xornada Solidaria, despois de baixarnos do Vitrasa na Praza de España. A miña opinión e que lle encantou a todo o mundo… a min a primeira!!

 

As Xornadas Solidarias son xeniais, e se é como nesta ocasión que podemos poñer o noso "granito" de area, ou mellor dito, a nosa árbore nunha pequena parte da nosa cidade, mellor que mellor!!!

 

Moitas grazas a todos os asistentes, a Marta, a Jandro, a Vitrasa e a Entidade Local Menor de Bembrive por facer posible este día... e tamén os animadores!!

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 4
  • #1

    Marta (viernes, 26 abril 2013 13:23)

    Muchas gracias chic@s !! yo también me lo pasé genial !

  • #2

    Jandro (viernes, 26 abril 2013 14:03)

    Un placer compartir el bosque con vosotros. Hasta otra!

  • #3

    Silvia (sábado, 27 abril 2013 19:00)

    Nosotros esta vez no pudimos ir, Laura estaba con la alergia fatal ohhhh!!!!qué pena!!!!! otra vez será.!!!

  • #4

    jairo (lunes, 29 abril 2013 18:08)

    estuvo bien la excursion con Laura Teo Mar Fernando Jandro Silvia MARTA ETC y yo