Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

4º Día Campamento Bule Bule

Despois de catro días de campamento, podemos volver actualizar o noso blog.

O segundo día foi o día do WhatsApp. Aproveitamos para coñecer as distintas formas de comunicación, xogar cun WhatsApp analóxico, facer unha caixa sorpresa no obradoiro, e ir á praia fluvial por primeira vez, un sitio maravilloso onde o pasamos de maravilla. Ata disfrazamos e pintamos con moito estilo a Aldara de Azafaifa! Pola noite, para coñecernos todos un pouco mais, unha dinámica de comunicación por parellas, para falar todos con todos. 

O terceiro día, tocou Google Maps, polo que aprendimos a ler e entender mapas, e fixemos unha experiencia de Raid, é dicir, que nos mesmos tivemos que decidir todo o correspondente á camiñada: onde ir, que levar, como chegar, se chegar ou quedarnos antes, como volver... e decidimos chegar ata o final porque somos uns cabezotas... así que fixemos... ¡¡¡¡28 enormes kilometros!!!! e sentímonos moi orgullosos do noso logro. 

Agora temos as pernas cansas, ampollas nos pes, agotamento máximo... pero xa con forzas para continuar co CampApp. 

Hoxe, tocou Ocio Constructivo, polo que xogamos a distintas aplicacións de xogos de forma analóxica. O principal xogo era o Atríviate onde os pequenos do grupo gañaron aos maiores, e ademais xogamos o Apalabrados, Bubble shotter, Angry birds, Jenga, Mahjong e o Pac Man. No obradoiro, un tres en raia feito en barro, e pola tarde, unha pequena volta en bici para seguir collendo forma e rematamos cun bo baño na praia fluvial. 

Agora, imos cear que o gañamos!

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    noelia (martes, 20 agosto 2013 00:00)

    Nos parecio muy bien en el campa el cuarto dia la verdad esque en bule bule todos nos llevamos muy bien la verdad y concidimos todos muy bien en todo la verdad esque nos costo lo primerooconcidir con todos las actividades molan muchoo todas y la verdad somos todos muy cabezudos por hicimos 28km seguidos y todo es muy duro nunca pense que iba a hacer esos quilometros y todo nos dolian los pies y nos quedamos sin agua y nada y segun llegamos nos fuimos a las duchas y todo y luego a cenar que no lo mereciamos a lo grande y dormismos muy rapido todos lo dimos a lo grande y la verdad que eh moito o que facemos no lo pasamos muy bienn

  • #2

    Nerea (martes, 20 agosto 2013 00:16)

    Quédannos 3 días de campamento e eu, persoalmente, non quero volver.
    O que estamos desconectando do mundo exterior, o que estamos a disfrutar e o que estamos a aprender eiquí, non nolo quita ninguén.
    A pesaren do agotamento destes días, hai gañas de máis; e o querer, da forzas para continuar con esta experiencia.
    En conclusión.. todo va perfecto ata agora, e dudo moito que iso cambie para mal.
    Toca durmir, despois dun día de bici como o de hoxe... ¡Somos uns campeóns!
    Boas noites, mundo.