Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Magosto

O pasado sábado 16 de Novembro tivemos o xa tradicional Magosto no Barrio de San Roque... Fixémolo, como xa ven sendo habitual, xunto coa Asociación de Veciños San Roque. Houbo Castañas a esgalla, xogos populares, bebidas e un viniño para os maiores... E moito frio... e ademais moito frio... dixen xa que houbo moito friiiiiiio?... jeje... pero non choveu, así que quedamos contentos...

Comezamos un chisco despois das 17h... eramos poucos aínda e a xente da Asociación de Vecios xa comezaba a quentar as brasas... Pouco a pouco foi aparecendo máis xente... mais nenos, mais maiores... 

 

Comezamos xogando á goma, onde houbo grandes participantes... logo sacamos as canicas e a buxaina (trompo)... tivemos que facer algúns arranxos mecánicos pero finalmente tivemos 5 trompos dispoñibles.. E coma sempre os pais os mellores lanzadores...

 

Houbo quen se pintou a cara coa maquillaxe. Había debuxos nas caras ben orixinais por certo. E, por suposto, houbo lanzamento e "tirachinas"... exitazo total. 

 

Tamén sacamos a corda onde todos saltamos e saltamos ata non poder mais... e xa logo prontiño puidemos ir a probar as primeiras castañas da tarde... mentres comiamos iase facendo noite... e o frio xa era un pequeno atranco... pelaba de verdade...

 

Unha vez comemos unha enchenta de castañas voltamos xogar, e a pita altura foi a estrela da noite... si señor... pasamolo ben de verdade.

 

E cara as 20h... fomos marchando todos... recollemos e ala... unha tarde ben entretida... pasamolo moi ben... sen dúbida... agora ata a seguinte.

Escribir comentario

Comentarios: 0