Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Excursión á Neve

E por fin fomos á Neve!...

Despois de catro intentos estragados polo mal tempo, finalmente saiu adiante o pasádo sábado 22 de Febreiro. Eramos nada menos que 80 persoas entre nen@s, moz@s e pais e nais. Fixemos un concurso de Bonecos de Neve, tirámonos polas ladeiras en plásticos... e sorprendentemente o tempo acompañou...

Pasámolo Xenial!

Un bus estupendo de dous pisos agardábanos puntualmente as 9h. Despois dos cobros de rigor, de pasar lista e de acomodarnos ben, con algo de retraso iso si, arrancamos cara Manzaneda. Semellaba que estabamos algo cansos por ter que madrugar tanto, asi que a viaxe resultou ben tranquiliña. Fixemos a parada de rigor para facer un pis, e finalmente, despois de 3 horas e media chegamos a Manzaneda. Ao primeiro semellaba que non había moita neve, pero a medida que o bus se achegaba a estación de montaña todo apareceu cuberto de branco. Había moita xente polo que tivemos que aparcar algo máis abaixo do esperado. Baixamos do bus e comemos algunha cousa xa que iamos estar bastante tempo na neve. Camiñamos cara arriba ata atopar un bo sitio onde "apousentarnos".

Fixemos grupos segundo as idades e comezamos o concurso de bonecos de neve. A verdade é que todo o mundo parecía estar moi motivado, especialmente os pais e nais que estaban divididos en tres grupos mesturados. Pouco a pouco as figuras ían tomando forma, e xa empezaban a intuírse bonecos moi orixinais. Ao final foi algo incríble ver aqueles bonecos tan xeniais... para que vos fagades unha idea, logo de deixalos alí, outra xente se fotografiaba con eles... semellaba un museo...jeje.

 

Unha vez rematado o concurso e das fotos de rigor, fomos correndo a tirarnos nos plasticos... semellaba demasiada a pendente escollida, pero foi divertidisimoooooooo!!!... tanto que estivemos máis tempo que nunca na neve... subir non semellaba doado, xa que esvarábase moito ademais do cansanzo da subida... pero logo o descenso pagaba a pena... pequenos e maiores pasamolo en grande... collíanse velocidades interesantes... foi xenial!

Cara as 16h retirámonos xa algo agotados. baixamos cara o bus e alí cambiámonos de roupa. Baixamos a Trives onde o Concello cedeunos un local seco onde comer tranquilos. Xantamos sen prisas pero sen pausas, porque xa era hora de voltar cara Vigo. Se queriamos parar a mercar unhas bicas tiñamos que ser áxiles... así que en torno ás 17:45h saímos cara Castro Caldelas. Ali paramos a mercar ditas Bicas e a entregar os premios aos mellores bonecos de neve. Houbo chuches para os premiados e caramelos para todos. Así que ao bus e para casa. Chegamos a Vigo con 20 minutos de retraso pero o balance de día coido que foi moi positivo.

 

A neve terá que esperar por nós ata o ano que ven, pero en xuño faremos outra á praia ou ao río. Ata a seguinte!

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 0