Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Festa de Entroido

Qué xenial o Entroido!... pasámolo ben eh!...

Foi o pasado Sábado 1 de Marzo. Houbo disfraces para todos os gustos, misión imposible chea de probas divertidas, xantar compartido no que participaron algúns pais e nais e desfile e entrega de premios. Os mellores disfraces foron votados por todos os presentes e resultou moi xusto e repartido a verdade. Ao final cancións para rir a esgalla.

...

O dia prometía moita chuvia así que os animadores xa tiñamos todo preparado para pasar o día enteiro dentro do local. E así foi, porque non choveu, diluviou. Todo comezou ás 11h da mañá coa acollida dos participantes. Rapaces de primaria, de secundaria e de bacharelato. Chegaban todos disfrazados moi guapos. Viñan cargados coa comida para compartir no xantar. Unha supermega Misión Imposible agardábaos chea de probas moooooi difíciles que tiñan que conseguir.

Fixemos dous grupos mesturados, os verdes e os azuis, e comezou o xogo. Conseguiron probas como contar as distintas tradicións do Entroido de Laza, conseguir 10 caretas distintas, intercambiar os disfraces entre os membros do grupo, conseguir 8 orellas distintas, facer unha lista cos nomes e idades de todos os presentes ordenada, conseguir o disfrace máis orixinal, ... en fins... traballo tiveron de sobra... jeje. Ao final gañaron os verdes que foron quen de conseguir a proba de construir unha carroza de entroido.

Cara as 13:30h rematou o xogo. unha das derradeiras probas foi disfrazar a Diego, o coordinador. Os rapaces fixeron unha gran obra de arte... Ninguén sabía como chamar a aquela cousa... pero molaba moito. E comezaron a chegar os pais e nais, que achegaban aínda máis comida. Así que preparamos as mesas para o Xantar... e unha vez estabamos todos sentados comezamos cantando, coma sempre... "Tengo un hambre atroz, atroz, atroz, ..." A comida resultou xenial... todos comemos ben, ninguén pasou fame, e non sobrou moita cousa... os prostres tamén estaban moi bos.

 

Ao acabar, recollemos entre todos a mesa e preparámonos para o desfile de disfraces. Cada quen subía á tarima e presentaba o seu disfrace e actuaba para o público. Tarrina, a nosa mestra de ceremonias presentou e entrevistou a todos e cada un dos participantes. Todos os presentes tiñamos un papeliño no que podiamos votar os que nos parecían mellores segundo as franxas de idade. As nais e pais tamén participaron por suposto.

 

Unha vez finalizado o desfile e mentres se facía o reconto, rematamos de recoller as mesas e todo o que quedaba dos cafés. Entregamos os premios... chupas, piruletas e brochetas de chuches para os gañadores... non hai mellores premios nonsi?. Houbo premio para os mais pequenos, para os medianos, para os maiores e as nais e pais xuntos e para os animadores.

E para rematar unha fantastica sobremesa de cancións de animación. Fixemos o Minué, o Blues da moa do xuízo, o arco de cores, María a cocoteira, Masko o chicle que teño na boca.... foi un momento moi xenial... pequenos e maiores facendo o ñordo sen parar e rindo a escachar... jejejeje...

 

E así chegaron as 16:30h no que todo remataba. Uns avisos de rigor e caramelos polo aire para todos. Penso que foi unha moi digna festa de Entroido de Xentenova... non pensades?

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos


Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    Aldara (martes, 11 marzo 2014)

    Fui un entroido xenial... Cando repetimos?? Disfraces de todo tipo, comida variada, probas imposibles logradas... Canta imaxinación teñen os no sos nenos!! O ano que ven... Máis e mellor

  • #2

    Juan (miércoles, 12 marzo 2014 18:46)

    Ojalá hubiese estado ahí.

    Saludos desde Madrid!!!