"Sonorus... Quietus!"
Foi unha das expresións que máis se escoitou no campamento e as nenas e nenos que estiveron alí xa saben que significa...
Porque non sei se sabedes que o campamento deste ano foi de Harry Potter! E si, podemos dicir que estivemos en Hogwarts, esa escola tan famosa de maxia, onde aprendimos a facer feitizos e pocións, a coidar criaturas máxicas e participamos na gran batalla para derrotar ao malo malísimo do mundo máxico, o-que-non-debe-ser-nomeado: lord Voldemort.
O martes 5 @s nen@s chegaron á famosa parada 'nove e tres cuartos', dispost@s a coller o bus que @s levará ás instalacións... E menuda sorpresa cando lles dixemos que foran admitid@s en Hogwarts!
Xa con ganas de comezar a aventura, ao chegaren, buscaron o material necesario para as clases de maxia: cadernos de feitizos, unha mascota, unha vasoira... E o máis importante para parecer auténtic@s magos e meigas: unha capa e unha variña.
Á noite, como non, a cerimonia de seleccion, onde o gran protagonista foi o Sombreiro Seleccionador, que foi quen de decidir a cal das catro casas tiña que ir cada nen@, xa fora de trasnos ou de tolainas: Gryffindor, Slytherin, Hufflepuff ou Ravenclaw. Nas mesas, esperando ansios@s estaban @s prefect@s, @s bule-bule, para animar e dar a benvida ás/aos nov@s membr@s.
Nos días seguintes, cada casa entrenaba duramente para gañar a Copa das Casas e tamén a liga do deporte máis afamado deste mundo: o quidditch, que sen dúbida, foi unha das millores cousas do
campamento.
"Ante todo, deportividad!" foi un dos cántigos máis reclamados... E como non, o gran cántigo da casa Hufflepuff que se converteu, nada máis e nada menos, que no himno do campamento!
Choveu, choveu e choveu... Mais iso non foi impedimento para que a nosa aventura saíse adiante. Cazamos a Sirius Black e descubrimos toda a verdade sobre el... Fomos na búsqueda de xigantes para que nos axudaran na batalla final... Fixémonos pasar por mortífag@s para poder entrar en Gringotts, o banco máxico...
Pero non todo foi diversión (ou si), xa que tamén tivemos que estudar para os TIMOS, que é como a selectividade nese mundo de magos e meigas. E que alumn@s máis brillantes! Todo o mundo aprobou!
E por fin, o momento máis esperado, esa batalla contra o malo malísimo e as súas servidoras e servidores. Xuntámonos todas as casas, tod@s queriamos facer fronte ao mal e voltar traer a paz. Sabedes iso de que a unión fai a forza? Pois é verdade! Tod@s xunt@s puidemos acabar con o-que-non-debe-ser-nomeado, lord Voldemort.
Ao día seguinte, o día de voltar á casa, celebrámolo. Que ben o pasamos! Camiñamos até un parque do pobo e alí estivemos a maior parte do día, xogando, cantando e bailando.
Como é de esperar, todo o bo ten un final: chegou o momento das despedidas. Os choros e os abrazos propagáronse de nen@ en nen@ no momento de marchar ás súas casas. Mais sabedes que? Tod@s quedaron en voltar a verse no vindeiro campamento. E ti?
Escribir comentario
Severus Snape (martes, 16 septiembre 2014 14:05)
Como profesor de Pocións de este ano do campamento Hogwarts 2014, podo dicir que foi fantástico. Incluso os nenos de Griffinidor sacaron estupendas notas na miña asignatura ( diría que todos subiron a nota media).Aquí os deixo os ingredicentes de pócima que preparastes, para que recordedes sempre:
-zumo de laranxa
-zumo de melocotón
-zumo de limón
-granadina
Nin a choiva que Lord Voldemort conxurou contra nós impediu que o pasáramos en grande, e na loita final, cando todos conxurastes á vez: ¡ Expelliarmus Máxima!, foi un momento para non olvidar nunca. Espero que repitades o ano próximo cunha nova aventura.
Unha aperta moi grande.
Severus
Harry Potter (miércoles, 17 septiembre 2014 13:03)
Como veterano alumno de Hogwarts teño que dicir que foi un pracer ter a estes nen@s como compañeir@s.
Ofrecinlles axuda 'extracurricular' para os TIMOS, mais negáronse a aceptala, tiña dúbidas de que foran capaces de superar as probas, mais sorprendéronme.
Espero vel@s a tod@s o verán que ven!
Unha aperta máxica.
Atentamente, HP.
Mari (domingo, 21 septiembre 2014 13:26)
Coma alumna de Hogwarts , debo dicir que o campamento foi un dos mellores , encantoume a temática e a forma de facer as actividades. Logo se falamos de Slytherin a mellor casa de Hogwarts, e por suposto a miña casa ...encantoume ese grupo e o xefe da casa (Saverus Snape), pero tamen o que me gustou moitisimo foi gañar a copa de Quiddich. Ainda que o tempo non nos acompañou , tivemos unha divertida camiñata e un día de praia , e tamen unha guerra de auga moi boa. A loita final contra o malo malísimo foi un recordo que levo en mente sempre, xa que acabei chea de tiza jejeje . Espero que o ano que ven sexa coma iste o ainda mellor, querovos ver a todos o ano que ven!
Moitos bicos
Mari
Yarix (domingo, 21 septiembre 2014 16:19)
A MAMASIÑA TEN UN COGUMELOO UH, UN COGUMELO UUH, UN COGUMELO UUH
Quero dicir que este campamento foi xenial! Creo que todos os alumnos de Hogwarts o disfrutaron moito. É certo que, o tempo non nos axudou moito, pero aproveitamos todo momento para facer actividades, unhas actividades moi divertidas, como a guerra de auga, como buscar a Sirius Black polo pobo (Ainda que ese dia tivemos que coller unha cabeza de polo, agggggg), derrotar a Lord Voldemort... A pesar de ser rivales, todos os membros das casas levávamonos moi ben. O grupo dos tolainas acabouse convertindo nunha piña, algo fnatástico. E que conste que, este non foi o ano de Griffindor, pero en calquera momento facemos unha revancha eh, os machacaremos!
Espero veros a todos o próximo ano a todos e cada un
Bicos e apertas
Yarix
Profesora Hooch (miércoles, 01 octubre 2014 20:47)
Que bos recordos ó lembrar todas as nosas andainas por Howgarts! Aínda recordo esas tardes de voo en vasoira, o exame cheo de obstáculos, o correo lechuza, os nosos cánticos das casas e de Howgarts, os máis que agardados partidos de quidditch dos que me sinto tan orgullosa de tod@s vos!! e un montón de cousas máis... ;) Foi un pracer compartir esta experiencia con persoas tan maravillosas e interesantes coas que aprendín un montón cada día, ata a próxima compis!
Unha mención especial a todo o traballo levado adiante polos monitores e monitoras que colaboran para que estas actividades se leven a cabo, gracias.
Pd: RAI-RAI-RAIVENCLAW!!! Imos a poñer un ovo !!!! CRAWW!! (son de corvo) :D
HUFFLEPUFF (miércoles, 01 octubre 2014 22:50)
Hogwarts decime que se siente, tener en casa a HUFFLEPUFF, por mucho que pasen los años, nunca lo vamos a olvidar.
El tejón los gambeteo, el Sergio los vacunó, están llorando desde el jueves hasta hoy!!!!
sin duda... LA MEJOR CASA... LOS MEJORES...
HU, HU, HU, HUFFLEPUFF!!!