Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Encontro de Animadores de Setembro

O pasado finde do 20 e 21 de Setembro os animador@s de Xentenova, como cada ano, reunímonos para deseñar as actividades do novo curso.

 

Este encontro sempre se fai fora de Vigo, pero este ano non atopamos onde facelo, así que, tivemos que adaptalo nos locais habituais... foi unha mágoa xa que se deixaron de facer moitas cousas divertidas. Aínda así pasámolo ben, e xa temos todo posto en marcha para o curso 2015-2015

 

Iamos estar fora de Vigo dende o venres á tardiña ata o domingo a media tarde, pero finalmente foi todo o sábado e o domingo ata despois de xantar.

 

Comezamos pois o sábado, e o fixemos como non, cun fantástico almorzo en Xentenova. Faltou o zumiño de laranxa recén esprimido pero estivo moi pero que moi ben...

E alí comezamos por deseñar a Excursión de Inicio de Curso a Cíes e a Festa de Inicio do curso. Novos horarios para dita festa e novo deseño que a priori, gustou moito.

 

Fixemos o xantar todos xuntos e pola tarde seguimos co calendario, o organigrama de actividades de xentenova, os animador@s con que contamos para este ano, quenes van a levar qué actividades, etc... moitas cousas e moito traballo entre cafés e picotadas. Como novidade dicir que decidimos retomar a actividade de Xainines para os nen@s de 1º a 3º de Primaria.

 

O Domingo terminamos de ultimar a festa de inicio e outras cousas... finalmente a formación quedou pendente para outra ocasión... coma sempre... E... walá!... xa temos todo o curso en marcha. Agora toca curralo e disfrutalo. Esperamos contar con moitos nenos e nenas este ano.

 

Ala... queremos mirarvos a tod@s na excursión a Cíes e na festa de Inicio de curso... unha aperta.

 

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Ana (martes, 07 octubre 2014 17:54)

    Xa andamos coas pilas cargadas!vamos a topeee!!