Derradeiro sábado de setembro aproveitado ao 100%... porque sabedes que fixemos moit@s de nós? Fomos ás illas Cíes a pasar o día!
Por sorte, Lorenzo portouse ben e as nosas predicións estiveron acertadas.
Embarcamos ás 11h coa vista posta no noso destino, e entre conversas, risas e fotos, chegamos nun 'pis-pas'.
Rapidamente, sairon as tres opcións: ruta de subida ao Faro, ruta ao Alto do Príncipe e quedar na praia; e tod@s escollimos a nosa preferencia.
As persoas que quedaron na praia pasárono xenial xogando, facendo unha piscina enorme e desfrutando do mar.
As persoas que foron de ruta, desfrutando da boa compañía, da natureza e de vistas espectaculares. Temos que estar orgullos@s de vivir nun paraíso coma este!
Á hora do xantar baixamos á praia para comer xunt@s, mais sempre alerta para que as gaivotas non nos roubasen a comida.
Como non houbo obradoiro de sesta, para facer a nosa querida dixestión, xogamos a un xogo de xigant@s: o brilé cunha pelota moi moi grande!
Para baixar a comida tamén xogamos ao xogo da 'Estrela', onde tivemos que competir, correr e chearnos de areas para gañar.
Chegou a hora de bañarse e non vos podedes imaxinar o boa que estaba a auga, non dabamos saído... Normal que quedaramos cos dedos 'arrugaos' coma esponxas...
E como digo sempre, todo o bó ten un final, chegou a hora da volta á casa.
Cantando, xogando e pasando a uns metros dos dous transatlánticos que estiveron en Vigo, pasamos os nosos derradeiros minutos en amor e compañía.
Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos
Escribir comentario
alex (lunes, 06 octubre 2014 21:50)
Me lo pase genial abria que volver ia hacerlo
Yo (martes, 07 octubre 2014 22:36)
Ha sido genial. Repetimos??
lucia (miércoles, 08 octubre 2014 01:23)
Sinceramente! Fue una experiencia única. Un gran viaje donde no lo pasamos genial!! Ami me toco todo el día en la playa y no me quejo, el agua estaba genial, y el viaje de vuelta fue espectácular!! Canciones, bailes, .... Y muchas cosas mas!
Os recomiendo que os animéis el año que viene!!!!