Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Festa de inicio

E por fin chegou o gran día...

a Festa de Inicio de curso!

 

Nela dimos a benvida a novas nen@s e reencontrámonos cas nen@s de sempre, que repiten un ano máis con nós.

 

Actividade da mañá para eles, comida conxunta coas nais e pais, sobremesa, reunión de nais e pais e xogos...

 

Un día completo.

Eran as 11h e pouco a pouco ían chegando as nen@s. Entre saúdos, apertas e conversas foi pasando o tempo antes de comezar coa actividade. Como non, comezamos cun xogo de benvida, de presentación, para que tod@s nos coñezamos e vaiamos collendo confianza para afrontar o día.

 

11.30h e comeza o gran xogo da Fórmula Máxica! O obxectivo era simple: buscar elementos da táboa periódica de Xentenova. Mais eses elementos non se conseguiron facilmente, houbo antes que pasar unha pequena proba, que foi posta por cada científico tolo experto nese elemento en especial (en total eran 10). Por poñer un exemplo... A proba da Doutora Motivación foi, que a nen@ que quixera o elemento “motivación”, tentara animar ao resto de persoas para que cantasen con ela unha canción.

Pasaba a mañá e pouco a pouco foron completándose todas as probas.

 

Cando tod@s pasaron por todos os doutores conseguindo os seus respectivos elementos, separámonos en proxectos: Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule; cada quen coas súas animador@s. Nese momento cada un destes debateu sobre os elementos que lles representaban como proxecto, e así até buscar e atopar a fórmula máxica de cada un.

 

Chegaron as mamis e papis e con eles a comida e a hora do xantar. Como xa se dixo, foi un xantar compartido. Que rico que estivo todo! Normal que non sobrara case nada. Recollimos e logo, por primeira vez en Xentenova dende hai bastante tempo... Entrega de lazos e chapas para as xentenovian@s e novas xentenovian@s! Pensamos que é unha maneira divertida para que as nen@s se sintan parte de cada proxecto e que cada sábado veñan motivad@s ás actividades cos seus lazos e chapas.  

 

Por último, a reunión de mamis e papis con cafeciño incluído para falar de quen somos, do que facemos e como o facemos, e terminamos facendo un paseo pola nosa web.

 

As sensacións foron moi boas tanto para nais e pais como para as nen@s. Por iso... Esperamos que eles e moit@s máis vos animedes a pasar bos ratos e un bo curso connosco!

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Escribir comentario

Comentarios: 0