Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Asemblea Ordinaria de Soci@s

 

O venres 17 de Outubro fíxemos a Asemblea de Soci@s do 2014. Despois de terminar guitarra estivemos fóra falando, rindo e comendo un pouco e logo, dimos o comezo.

 

Explicamos e debatimos temas de Xentenova, como por exemplo o organigrama, presentamos as contas económicas do 2013, falamos da páxina web... Moita xente ao ler isto preguntarase... “Que é esa Asemblea?”, “Que se fai nela?”, “Que hai que facer para estar aí?”.

Pois ben... As persoas de entre 15 a 29 anos (ambos incluídos) que pagan a súa cota son soci@s, sempre que queran. Esas persoas, son as que fan que Xentenova exista e siga viva, porque sen elas, Xentenova desaparecería. Nestas asembleas, por tanto, proponse novas ideas e apróbanse ou non dependendo de se hai unha maioría que respalde a proposta. Nesta asemblea vótase tamén, cada dous anos, á Xunta Coordinadora, que é a que levará as decisións tomadas á práctica.

Comezamos a asemblea explicando, mediante un divertido xogo, o organigrama da nosa asociación, isto é, a nosa estructura esencial e fundamental. Costou un pouco chegar á solución final, pero coa axuda de soci@s veteráns conseguímolo.

 

Ao rematar o primeiro punto do día, dimos paso ao segundo, que foi o debate dunha nova proposta de cotas de afiliad@s e soci@s, que se aprobou por maioría. Por último, o terceiro punto foi a presentación das contas do 2013 e o orzamento previsto para este novo ano 2014. Quedou aprobado tamén por maioría. Como vedes, todo é democrático.

Ao remate da asemblea, con voas sensacións no aire, quedamos coma sempre un ratiño a charlar.


Esperamos veros en vindeiras asembleas e esperamos tamén que cada vez vos sumedes moit@s máis a formar parte disto. Nós, a xunta coordinadora, seguiremos traballando tamén na nosa parte. Con esforzo, traballo e o voso apoio, seguiremos moitos anos máis!

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Escribir comentario

Comentarios: 0