Despois de moitos anos sen celebrar a Festa Celta por diversas razóns... Este ano tivemos todo a favor para facelo.
E é que as cousas boas hai que recuperalas, ou non? Non vos podedes nin imaxinar o xenial que o pasamos o 31 de Outubro nunha noite rodead@s de historia, tradición, comida e xogos, sen
olvidar nunca a fantástica compañía.
Remata guitarra e entramos no salón, onde as animador@s nos sorprenderon cunha realista e fantástica decoración. Unha árbore na columna, un castelo de pedra, follas e ramas polo chan, candeas nas mesas que iluminaban o necesario para ver... E sen faltar a música de ambiente que lle daba o toque final.
Sentámonos e comezamos a explicar o nacemento e o porqué deste festexo. Dimos paso aos petiscos e a continuación, ao prato clave da noite: churrasco. Por último, de sobremesa, algo moi típico na nosa terra: marmelo con tetilla.
Para baixar un pouco a comida, os bules saíron a facer un baile ao redor dun pao no que colgaban lazos, un para cada persoa. O resultado de dito baile era unha trenza de colorinchos sobre ese pao.
E para rematar (isto non podía faltar), o máis esperado da noite: unha queimada co seu respectivo conxuro interpretado pol@s bules. Necesitamos paciencia, moita paciencia para que prendese fogo, mais a espera pagou a pena e agasallounos cun espectáculo inolvidábel para os nosos ollos.
Esperamos seguir coa Festa Celta moitos anos máis, cada ano mellorando no que se poda, e que sexades moita xente máis a que se anime a participar e compartir ese momento tan especial con nós.
Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos
Escribir comentario