O pasado sábado 8 de novembro tivemos o noso Magosto xentenoviano xunto coa A.VV. San Roque. Eles porían as castañas e nós os xogos.
Frío e chuvia acompañáronnos pois nunha tarde na que os xogos tradicionais e as castañas foron as protagonistas. Cun plan A (de non chuvia) e un plan B (de chuvia), fomos salvando a tarde paseniñamente.
Ían chegando pouco a pouco os rapaces e as familias para pasar con nós esta tarde de outono. Dentro do local estiveron a man os xogos de mesa, e disputouse, por exemplo, un torneo de xadrez de
Bules que estivo moi axustado. Non faltaron tampouco o parchís, as cartas, o lince, o tabú ...
Cando deixou de chover, saímos fóra para xogar á buxaina e á corda, que foi a máxima protagonista. Saltamos e saltamos a máis non poder. Até con castañas nas mans ou na boca!
Comezaba a escurecer e tamén a facer máis fresquiño e pouco a pouco, o Magosto foi rematando a medida que a xente marchaba para as súas casas. Esperamos que pasarades unha tarde agradábel con nós.
Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos
Escribir comentario