Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Festival de Nadal

Chegou o Nadal, e con el o fin do trimestre, e por suposto, o noso Festival no que amosar todo o que os participantes de Xentenova somos quen de facer. E semella que foi moito... jejeje...

 

Así o sábado 20 de decembro o noso escenario encheuse de creatividade, música, risas, esforzo, medo escénico e moita chispa... non faltaron cancións, pezas musicais instrumentais, teatro, concurso, e premios para os gañadores e participantes no concurso de Postais de Nadal.

 

Estaba previsto que todo comezase ás 17h... esta vez, aínda que semelle raro, todo estaba preparado para ser puntuais... todo menos o público, que semellaba escaso para o que estamos acostumados. Aínda así, e despois de esperar un chisco, comezamos o Festival coa mesma ilusión ca sempre.

Foi presentado por dous rapaces moi majetes eles que foron dando paso ás distintas actuacións, facéndoo moi ben por certo.

 

Todos os grupos de Xentenova tiñan algo preparado para nós: os de guitarra as súas cancións e pezas musicais, os Xainines e Trasnos as súas escenificacións xeniais coma sempre, e os Tolainas un karaoke cheo de participantes... jeje... Os Bules pola súa banda, a esas horas soen adicarse a outros mesteres, polo que asistiron poucos. Aínda así os que viñeron fixeron de azafaifos dos presentadores que representaban a Apoio Escolar nunha moi pequena parte...


 

E así, entre risas e nervios foron sucedéndose as distintas actuacións que encheron ben unha hora e media das nosas vidas con certas doses de arte e humor.

 

Entre medias entregábanse os premios aos gañadores do concurso de Postais de Nadal, non sen deixar de entregar o premio de consolación a todos os participantes do mesmo.


Pero todo o bo ten que rematar e deixar así bo sabor de boca para outra... así que os nosos desexos dunhas Felices Festas para todos e, a recoller todo e preparar o Café Concerto que tería lugar pola noite no mesmo lugar.


Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Escribir comentario

Comentarios: 0