Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Café Concerto de Nadal

O pasado sábado 20 de Decembro tivo lugar o noso tradicional Café Concerto de Nadal... un concerto desenchumplugged feito por todos os que se animan a subir ao escenario...


Coma sempre unha velada moi amable e familiar de música, que combina experiencia e calidade coa inocencia e frescura dos que comezan a dar os seus primeiros pasos na música.

A hora de comezo estaba prevista para as 21:30h, e, coma case sempre, non fomos puntuais... Se cadra nesta ocasión pola falta de público, xa que, a diferencia de outras edicións, a sala estaba bastante baleira.


Finalmente comezamos. e a noite non defraudou... moitas actuacións e moita calidade... tamén os principiantes souberon gañarse ao público.. tivemos a músicos novos con un estilo moi propio que aportaron outro tipo de música moi pouco habitual e interesante.



E aínda que botamos en falta músicos habituais, outros dos de sempre non faltaron deixando sorprendido, coma sempre, ao público.


Como novidade destacar a dínamica dos Bule-Bule, que en vez de cantar unha canción, pediron un desexo a cada persoa do público escritos en posits, e con eles, fixeron unha árbore de nadal que serviu de decorado.


E así pasou outro café concerto máis, e xa son tropecentos a tres por ano dende o 1997. O próximo será a finais de Marzo... non o perdades... volverá con novas cancións pero como mesmo espírito.

Escribir comentario

Comentarios: 0