Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Excursión á Neve

Despois de ter aprazado esta excursión unha semana máis debido ao tempo (que é moi traizoeiro) chegou o glorioso día. Un dos poucos días do ano que pisamos a neve, que a tocamos, que xogamos con ela, porque iso fixemos, amig@s: correr, facer bonecos e guerrillas de bolas de neve, tirarnos dende a ladeira unha e outra vez... Todo un día completo coa mellor compañía posíbel: vós.

Xa de mañá tivemos problemas co autobús, parecía que todo ía na nosa contra, mas finalmente, despois dunha longa e bonita viaxe, vendo a paisaxe nevada que nos rodeaba, cantando e falando, chegamos ao noso destino.


O primero que fixemos foi xantar sentad@s na neve e cando rematamos, cambiámonos rapidisimamente para partir canto antes cara a ladeira na que iamos estar gran parte da tarde. Chegamos e separámonos por grupos: maiores e pequen@s. Dentro destes dous grupos, outros subgrupos para dar comezo á... Competición de bonecos de neve! Que chulada de bonecos, con crestas, con gorros, con luvas nas mans... Menuda imaxinación ten esta xente!

Volvimos dividirnos neses dous primeiros grupos para, agora si, a batalla esperada: a guerra de bolas de neve! E vaia paliza que nos meteron @s peques, que non se cansan. Rematamos, collimos os plásticos e subimos a toda présa a ladeira para tirarnos e volver subir para baixar outra vez.

Acabamos empapad@s mas pagou a pena polo ben que o pasamos.


Á metade da tarde voltamos ao bus para cambiarnos e baixar ao pobo onde parariamos a merendar e comprar o típico do lugar: unhas deliciosas bicas. Xa coa barriga chea e as forzas recargadas, arrancamos outra vez, desta vez para as nosas casas. Dimos os esperados premios para os grupos gañadores dos bonecos de neve: un ao máis bonito e chulo, e outro para o máis orixinal. Que content@s que se puxeron. Durmir, cantar e falar tranquilamente foi o resumo desa viaxe de volta.

Agora toca esperar outro ano máis esta divertida e bonita excursión na que esperamos, outra vez, veros a tod@s.  

Escribir comentario

Comentarios: 0