Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Xuntanza de Fin de Semana de "Eixo"

Aínda estabamos metidos a fondo coas presas propias do inicio de curso cando nos aventuramos a organizar a saída de fin de semana do programa "Eixo".

Alí estabamos o venres 30 de outubro pola tardiña, 36 participantes e os animadores listos para zarpar cara Tomiño. Esperábanos unha viaxe de aventureiros para coñecer o Samaín dos nosos antepasados Celtas.

E diredes vos... Que é iso de "Eixo"?... Pois ben, soamente dicirvos que en Xentenova facemos moitas cousas, pero a principal é o itinerario educativo dende o xogo que forman os proxectos Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule e que abrangue dende os 6 ata os 18 anos. Eses proxectos son o "Eixo" da nosa asociación... De aí o nome... orixinal sen dúbida... Jeje.

 

Ben, despois do rollo macabeo... Chegamos a San Campio de Lonxe en Figueiró-Tomiño (que non está moi lonxe, a verdade), repartíronse as habitacións e preparouse a cea compartida con todo o que achegaron os participantes... había de todo e, coma sempre, sobrou a esgalla... (ains maás e papás, temos que aprender a calcular... jeje) Unha vez rematada a cea, fixemos un xogo por grupos para introducir a temática, e como colofón final, unha meiga do lugar, fíxonos un conxuro e obsequiounos cunha pócima para ir quentiños para cama.

O sábado erguémonos con sorpresa... ameazaba choiva e non había auga quente para ducharnos, polo que salvo un par de valentes (a auga fría de San Campio e como a da neveira de Vigo), o resto estivemos de cochos todo o día. Un potente almorzo esperaba por nós, xunto co reparto de tarefas de orde, cociña e limpeza entre tod@s. Cada quen puido escoller a qué apuntarse a colaborar.

 

Fixemos os bos días, e despois dun pequeno descanso para lavar os dentes e facer algo de limpeza, comezou a actividade da mañá que resultou nunha enchenta de creatividade por parte dos participantes. Tod@s quedamos gratamente sorprendidos do que somos quen de crear cando nos poñemos a tope.

Máis tempo libre para desconectar e para cociñar... e... ñam ñam... a comeeeeeer... Despois a nosa tradicional sobremesa de xogos e cancións por equipos na que poder gritar e desfogarse... e pola tarde, unha morea de xogos tradicionais de Samaín para non deixar de divertirnos.

 

Tempo libre para descansar e preparar a cea... mmmm... que rica esa sopa quentiña... mmmm.... toda a cea boísima. Tiñamos que cear ben e estar fortes porque nos esperaba unha noite de meeeeedoooooo!!!!... e parece que si que deu medo... ata os Bules tremeron... jeje... Hala... todos quentiños a durmir...

O domingo amenceu un día estupendo... ceo azul, e auga quente xa arranxada, outro almorzo de titáns... A continuación os bos días para expresar os nosos desexos e algo de limpeza.

 

O gran xogo das chuches esperaba por nós no campo de fútbol... todos a loitar a tope para conseguir máis chuches que os demais. Probas de todo tipo e moitas ganas de xogar. Así pasamos toda a mañá ata case a hora da comida.

 

Outro xantar estupendo e merecido... e... ohhhh... tocaba limpar e recoller todo para marchar para casa... aínda quedaba a avaliación, na que cada quen puido expresar o que lle gustou e o que non da fin de semana. Moitos dixeron que foi moi curta, que querían máis... jeje... como me gusta que os rapaces digan iso... jeje

Pois nada... xa estamos de volta na casa...

 

Como?... Que non contei apenas nada do que fixemos?... jeje... e que se cho conto non ten gracia... tes que experimentalo por ti mesm@... Espérote nas vindeiras actividades.

 

Agora convídovos a comentar o artigo e engadir todo o que falta...

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Podes mirar as fotos no Álbum de Fotos

Escribir comentario

Comentarios: 0