Dende a derradeira Asemblea de Soci@s, o pasado 11 de novembro, e coa disolución da anterior Xunta Coordinadora, en Xentenova estivemos a traballar para formar e definir o novo equipo de traballo que tomará o relevo.
Tódolos soci@s pasamos por dúas Asembleas Extraordinarias e a Xunta saínte tivo que quedar en funcións entre unha e outra para agardar por nós, e aquí estamos!!! :)
Hai caras novas, que moitos igual aínda non coñecedes, e caras máis "vellas". En calquera caso agardamos estar á altura das esixencias que entrañan os cargos. Pola nosa banda, chegamos con ideas frescas e renovadas. Cheos de ilusión e ganas de seguir facendo da xuventude unha forma de voar."
Escribir comentario