Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Ole qué arte!

 

Unha fin de semana onde Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule profundizaron no apaixonante mundo da arte a través de diversas disciplinas.

 

Música, danza, pintura, escultura ou baile foron só algunhas das ramas que os xentenovianos tiveron a oportunidade de experimentar a través de xogos, dinámicas e un apaixonante TU SI QUE VALES onde os rapaces puideron demostrar o aprendido.

 

Nin as impresionantes pingas de chuvia impediron que a fin de semana da Xuntanza de Xentenova fora segundo o esperado. Tan só deu tregua durante a tarde-noite do venres, momento que se aproveitou para presentar un xogo de esconder-protexer-roubar obxetos que acompañou aos rapaces toda a fin de semana nos seus tempos libres. Moi concienciados, os rapaces miraban ata debaixo das pedras para gañar así o máximo número posible de larpeiradas.

 

Para rematar o primeiro día, fixemos unha cea compartida onde os nenos trouxeron comida da casa (mención especial a algunhas familias, onde se cociña mellor que en Master Chef).

 

E comezou o sábado intensamente, xa que os nenos espertaron ao son de “La Donna e Mobile, de Pavarotti”. Se lles presentou a tematicArte a través de Entonarte, unha clase práctica onde os rapaces ampliaron as súas miras sobre todo o que envolve a arte (resulta que hai arte ata nos videoxogos!) e onde puideron demostrar os coñecementos previos en todas as disciplinas.

 

Durante a mañá practicáronse diversas destrezas: coro, mímica, pintura… Os rapaces traballaron duro para afinar as súas voces e quentar os seus corpos para o que sería o espectáculo da noite.

 

A media mañá, se lles comunica o bombazo: ides participar en TU SI QUE VALES!, o mundialmente coñecido concurso no que persoas con talento deben representar actuacións artísticas diante dun xurado de nivel. Tiveron tempo suficiente (todo hai que dicilo, algúns o aproveitaron máis que outros), para ensaiar dúas actuacións por grupo. Os resultados, canto menos; sorprendentes!

 

Xa pola tarde, tocaba facer o novo movemento de moda: Maniqui Challenge. Os rapaces, quietos coma pedras mostraron no incríble vídeo diversas disciplinas que a arte contempla.

Aínda que a chuvia non deu tregua, tamén houbo espazo cuberto para crear unha escultura con materiais de reciclaxe e para xogar a MemorArte, un xogo de recordar parellas relacionadas có mundo da arte e cargado de probas divertidísimas onde nenos e monitores acabaron con lenzos na cara ou explicando cómo facer un bocadillo sen usar a letra -a- (se estás lendo isto, inténtao, ten a súa complicación).

E despois de cear, TU SI QUE VALES!

 

Un xurado de luxo: a maga Estel, Mickey Mouse, o Conde Drácula e a mesmísima Lolita Flores evaluaron actuacións de diversas disciplinas artísticas: teatro, baile, música en todas as súas modalidades, mímica… O xurado, esixente á vez que divertido, fixo os comentarios pertinentes para valorar esforzo e desempeño. Mención especial a Regreso ao futuro e ao Mago Haritz. E para finalizar a gala, todos os concursantes e xurado bailaron un par de cancións cos nosos artistas internacionais invitados como Shakira.

 

Xa o domingo pola mañá, fixemos un xogo para que os rapaces reflxionaran todo o que se pode aprender de cada disciplina artística. Eles mesmos recapacitaron para plasmar en cartolinas respotas moi profundas e interesantes. E para rematar, un obradoiro de pintura sensorial, onde os nenos deron forma a ideas, pensamentos ou emocións que lles pasaron pola cabeza na fin de semana.

 

E isto foi todo dunha maneira moi, moi resumida. Pasamos por alto momentazos cocinitas de todos os nenos, tempos libres cargados de diversión e xogos improvisados, risas e cousas que esperamos queden na memoria dos rapaces.

 

Isto e todo amigos e ata a próxima.

Escribir comentario

Comentarios: 0