Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Un trimestre fantástico, pero sen neve!

 

Ola xentiña... Parece ser que rematou o trimestre... Chega a Semana Santa e con ela un pequeno parón para coller folgos de cara a rematar o curso. Foron unha morea de actividades e bos momentos compartidos que de seguro quedarán no noso recordo por moito tempo; tivemos de todo menos neve... pois si, xa facía anos que non nos quedabamos sen a nosa tradicional e exitosa excursión á Neve. Unha mágoa. O ano que ven volveremos a intentalo.

 

Os sábados pola mañá os Xanines, Trasnos e Tolainas fixeron unha maravillosa viaxe polo espacio exterior. Tiveron que converterse en astronautas, atopar os planos das naves espaciais para logo fabricalas, e por suposto, destruílas posteriormente nunha grande batalla de “afundir a flota interestalar”. As naves destruídas acabaron caíndo estrepitosamente no planeta Krasnodadar, un lugar e unha cultura nova que descubrir.

 

Finalmente voltaron a casa salvo os separatistas Tolainas que decidiron quedarse a vivir alí durante un tempo. Sen dúbida foi un trimestre apaixonante.

 

Pola súa banda os Bule-Bule, os máis maiores de Xentenova, os venres á tardiña, seguen a consolidar o seu grupo con bo rollo e bo ambiente. Non son demasiados pero son moi constantes polo que o grupo medra día a día.

 

Tivemos dinámicas de grupo para potenciar a boa convivencia e mellorar o coñecemento entre os participantes, así como profundizar en temas tan serios e de actualidade como o bullying. Sen dúbida unha temática que deu moito de si.

 

E por suposto tivemos ocio e diversión. Queda xa nos nosos recordos as saídas a boleira e a cafetaría, os xogos de mesa, o Risk xigante, ...

O Obradoiro de Guitarra segue a dar os seus froitos; so hai que ver as novas promesas que se atreven a subir ao escenario do café concerto. Cada vez somos máis, e parece que a xente se divirte aprendendo. Sen dúbida os movementos de grupos e as pequenas restructuracións que facemos cada trimestre parece que axudan a que a xente esté máis a gusto. Seguiremos tentando mellorar día a día para que as clases sexan mellores. Agora queda un trimestre por diante onde teremos que ser quen de levar algo digno preparado para o festival de fin de curso. Vou destacar este trimestre o noso grupo de rapaces máis pequenos; é o primeiro ano que temos un grupiño de rapaces que queren aprender guitarra con 7 e 8 anos. Sen dúbida un grande reto para nós que nos obriga a ser máis creativos e a innovar. O ritmo de aprendizaxe e menor, pero parece que o pasan moi ben coa música e iso para nós xa é suficiente.

E como medrou o Apoio Escolar en persoal... parece que a medida que avanza o curso imos precisando axudiñas cos estudios. Pois nada, Xentenova é o teu sitio. Despois do baleiro do ano pasado parece que recuperamos os números de anos anteriores. Se é para axudar co cole, nos encantados. Ahi seguiremos tentando que as vosas notas vaian vindo mellores cada trimestre.

 

Vou destacar tamén a Aula de Inglish Pitinglish dos mércores. A min gústame moito, e penso que aos que participan tamén. A lo menos vense moitas risas e festa... en Inglés por suposto. E penso que cumpre perfectamente co que pretendiamos ao principio cando a puxemos a andar: vir a xogar un chisquiño á semana co inglés, para fortalecer o noso vocabulario e mellorar como nos expresamos nese idioma. Ogallá que poidamos mantela moito tempo e que xa quede como unha das actividades históricas e habituais.

Quen non se lembra do Entroido? Eh? Aqueles monstros, e aquelas partidas de dados percorrendo os arredores do barrio. Que saibades todos e todas que levou moito curro preparalo todo. Esperamos que vos gustase moito. E que tamén lles gustase o día aos vosos pais e nais que participaron sobre todo a partir do xantar.

 

Vou aproveitar para reñir aos maiores por non querer vir a xogar connosco pola mañá. So veñen ao papeo estes adultos... ains... co maravilloso que é xogar... verdade? En cantos sitios vos convidan a xogar cos vosos fillos? Ains... vouvos tirar das ourellas. Pero sabedes que?... foi un día moi xenial e superfantasticosomosomo. A min gustoume moito.

 

E por suposto non podemos rematar este artigo sen falar do noso emblemático Café Concerto, que segue a darnos tantas alegrías ao longo xa de tantos anos, dende o ano 1997 para ser exactos. Que grande é o Café Concerto! E segue a xuntar aos de antes e aos de non tan antes, xunto cos de agora e os máis de agora mismiño de todo. A partir dos 15 anos e ata que te xubiles sempre que sigas sentíndote mozo ou moza. Unha actividade que se converteu xa en interxeracional, cousa que é un tremendo éxito.

 

E quen sube ao escenario?... os que queiran... E quenes son eses? Os de aqui e os de alá, os que veñan e queiran cantar ou tocar, os que saben bastante de música, e os que apenas saben nada... A mestura entre a sabedoría musical e as ganas de probar por primeira vez fai que teña un sabor especial. Grazas a todos os que facedes do café concerto algo novo en cada ocasión.

E ala... penso que non me esquezo de nada... Ah si... que agora so queda que os animadores voluntarios, que o teñen ben merecido, teñan un día para eles memos, para compartir as experiencias vividas, para comer xuntos, por suposto para xogar, para aprender cousas novas e para o que se tercie, pero xuntos...

 

E sabes que?... falta algo neste artigo... falta a túa opinión. Entón si que será un artigo que reflexe fielmente o que pasou en Xentenova neste trimestre. Desexamos que escribas a túa opinión nos comentarios. Unha aperta para todos e todas.

Escribir comentario

Comentarios: 2
  • #1

    Aldara (jueves, 06 abril 2017 21:34)

    Unha mágoa o da neve... Para o próximo ano será!!! Un trimestre fantástico con actividades estupendas, nenos maravillosos e por suposto... Animadores increíbles!!!
    Seguimos acumulando trimestres... Vémonos no seguinte!!!

  • #2

    Sofía (jueves, 06 abril 2017 21:57)

    Un trimestre super divertido coma sempre... a novedade que mais me gustou a min foi a de xente nova que entrou para colaborar canda nos en xentenova como animadores!! Cada vez somos mais e mais!! :) e os de sempre, superandose cada día. Moitas grazas a todos e todas!! Os levo no corazonciño! ^^