Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Campamento de Verán 2018

E xa pasou outro verán e por suposto o noso xa tradicional Campamento de Verán. Este ano tamén foi na Illa de Ons, e xa van 3 consecutivos nese incrible paraíso natural. Como sempre, foi duro poñelo en marcha e sacalo adiante, pero finalmente o volvemos a conseguir. So esperamos que os participantes o pasaran tan ben como o pasamos nós, e que viñeran igual de satisfeitos.

 

Este ano a temática era unha lembranza das mellores actividades dos campamentos dos 10 anos anteriores. Un percorrido emocionante no que rememorar campamentos fantásticos.

Este ano era un día menos... unha mágoa... Despois dos campas de 12, 10 e 9 días que fixemos hai anos, 8 días resultan algo escasos. Como non depende de nós, pouco podemos facer ao respecto. O que si podemos facer nós, e argallar actividades mooooi divertidas para que todos os rapaces e rapazas o disfruten ao máximo. Esperamos telo conseguido.

 

Atopámonos en Xentenova para coller o autobús que nos levaría ao porto de Bueu para posteriormente coller un barco cara a Illa de Ons... Despois do Xantar, un primeiro momento para coñecernos xogando e cantando e outro más tranquilo para coñecer as normas de convivencia que farían que todo fose sobre rodas. Para algúns sonaba a repetido doutros anos, pero sempre é importante lembrar o que non podemos esquecer.

 

O resto da tarde xa foi repartidos polos grupos de idades nos que iamos estar durante todo o campa. Alí soubemos a aventura deste ano, repartimos as tendas e comezamos a nosa aventura.

Despois da primeira noite nas tendas e na natureza, que sempre é algo rara pero emocionante tocaba comezar o noso primeiro día a ritmo do campamento: Almorzo, bos días, gran xogo da mañá, tempo libre, xantar, obradoiro, praia, xogo da tarde, tempo de paz, cea, actividade da noite e boas noites para ir tranquiliños para cama.

 

Como vedes un día de campa ten un montón de cousas que nos fan pasar momentos únicos e divertidos. Ademais tamen corremos, saltamos, gritamos, pintámonos, disfrazámonos, falamos, compartimos ideas e experiencias persoais, facemos deportes, ...

 

Así fomos adentrándonos nos campas históricos de Xentenova. Para uns actividades cheas de lembranzas e para outros todo sabía a novo, pero non por elo resultaba menos atractivo.

 

O cuarto día tivemos camiñada por toda a illa, rematando na mellor praia que está xusto na outra punta. Un dia diferente de picnic e moi agotador...jajaja. 

 

E así dia a día fomos coñecendo e lembrando o campamento do Señor dos Aneis, de Harry Potter, de Star Wars, do Craquem do Demo, do Internado, o das aplicacións móviles "CampApp", o de videoxogos, o dos contos, o da máquina do tempo, e de clásicos Disney, e outros máis.

 

Unha morea de cousas que soubo a moi pouco este ano. Para algúns foi o primeiro campa connosco, para outros o segundo, e para varios e varias foi un mais entre moitos anteriores. E para algúns foi o derradeiro por ter cumpridos xa os 18 anos. Houbo bágoas de tristura pero ao final iso significa que o pasástedes ben e que vos da moita tristura non poder participar máis.

 

Gústanos que vos sintades parte de todo isto e que xa esteades esperando polo do ano que ven.

 

 

Para nós foi un pracer ir de novo de campa con vós. Sabedes que nos encanta facer campamentos e que vos gusten. Seguiremos a mellorar para que o seguinte sexa aun mellor e sexamos quen de corrixir os erros que se puideran cometer.

 

Ala.. agora tócavos a vos comentar o artigo. Queremos saber as vosas opinions... O que lembrades. Aquí faltan moitas cousas que deixamos que as escribades vos.

 

 

Unha aperta

 

...

Escribir comentario

Comentarios: 0