Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

 · 

Entroido 2019

Pero que comellóns saídes nesta foto! jajaja!...

Teño unha fame atroz, atroz, atroz ... !!!

 

Que tal o pasaches na festa de Entroido de Xentenova? ... Os animadores o pasamos xenial, así que esperamos que vos tamén.

 

Un día completiño sen dúbida: Misión imposible de probas relacionadas co Entroido galego, xantar compartido, actuacións interestelares, ...

Os animadores chegamos as 10:15h para poñer todo en marcha. A programación xa estaba deseñada e redactada pero quedaban moitas cousiñas por facer para que todo estivera listo ás 11:30h para a chegada dos rapaces. Sacamos todo o material, especialmente os baúles de disfraces e aproveitamos para disfrazarnos nós mesmos con todo o que alí había... Ao final estabamos ben xeitosiños... jeje!

 

Sobre as 11h empezaron a chegar algúns adiantados da xornada que tiveron que esperar a que todo comezase. Chegamos ás 11:30h e alí so estabamos 8 ou 9... Ains... que problema temos coa puntualidade!... Imos ter que poñer toda a nosa creatividade a funcionar para vindeiras ocasións de cara a mellorar este aspecto.

 

 

Ás 12h xa estabamos a meirande parte dos participantes, así que comezamos a explicar o gran xogo que tiñamos preparado. Nesta ocasión sería unha Misión Imposible por equipos, na que os participantes terían que realizar probas para conseguir a meirande cantidade de puntos posibles. Fixemos 4 grupos mesturados por idades nas que os Bule-Bule foron quen de levar a batuta.

 

Entre as probas máis complexas estaban as que facían referencia aos distintos días do Entroido Galego, onde os rapaces ademais de xogar aprendían algo máis da nosa cultura popular. Os animadores valoraban a calidade da execución das probas e as puntuaban con rigurosidade :)

 


Sobre as 14h empezaron a chegar algúns pais e nais que axudaron a preparar o xantar mentres os demais iamos dando por rematado o xogo. Así que cando todo estivo preparado no salón, pasamos ao comedor improvisado e degustamos todas as cousiñas ricas que os participantes achegaron para a ocasión.

 

Os animadores traballaron a reo xunto cos pais e nais para ir recollendo todo e poñendo as sobremesas ricas propias do Entroido... Ademáis de preparar café para os adultos, que tamén o merecían... :)

 

O momento café resultou tamén moi interesante xa que houbo un ratiño no que os pais e nais estivemos sos na sala improvisando unha pequena tertulia moi xenial mentres os rapaces afinaban as súas actuacións no exterior.

 

A continuación pasamos ao gran momento das actuacións que os grupos tiveron que preparar durante o xogo da mañá. Foron xeniais, cheas de creatividade e risas... moitas risas.

 

Finalmente tivemos as actuacións expontáneas e improvisadas do momento, onde puidemos ver a 4 rapaces e unha nai improvisando unha escea simulando tomar café na torre Eiffel. E por suposto non podemos deixar de destacar a visita que nos fixo Freddie Mercury cantando "We Will Rock You" en riguroso directo.

E non deu tempo para máis. Case enriba do horario previsto pola organización, fixemos unha breve avaliación do día todos os que estabamos alí, onde cada quen puido contar o que máis lle gustou e o que menos.

 

Unha vez foron marchando os participantes, con axuda dalgúns rapaces maiores e adultos, recollimos e limpamos todo deixando todo impoluto. E así, un ano máis, pasou a nosa festa de Entroido. Esperámosvos na seguinte que fagamos.

Escribir comentario

Comentarios: 0