A Fundación Celta regalounos 14 entradas para ir ao partido do sábado pasado contra o Villareal... Foi o partido da Reconquista!, e vaia se reconquistamos.
O noso agradecemento á Fundación Celta por lembrarse de nós.
Todo comezou o xoves cun Whatsapp da nosa persoa de contacto no Celta :). A partir de ahí so fixo falla unha chamada da Fundación para ofertarnos 14 entradas para o partido do sábado en Balaídos, e puxémonos en marcha coa convocatoria entre a nosa xente.
Nesta ocasión apostamos por convidar a afiliad@s de Xentenova que puidesen ir en familia. Así non tiñamos que poñer animadores responsables da actividade e todo resultaba moito máis fáchile. Abrimos a convocatoria polo whatsapp aos pais e nais e os primeiros e chamar levaron premio. Algúns quedaron sen entrada, e foi unha pena, polo que tentaremos telos en conta para outra ocasión.
E así, quedamos na porta 13 do estadio ás 17:30h. Outro dilema importante que nos preocupaba era que tiñamos 10 entradas xuntas por un lado e outras 4 noutra parte oposta da grada. Dividirnos non foi doado xa que non queriamos separar a ninguén. Finalmente o solventamos con algo de xenerosidade e todo saiu sen problemas. Na primeira parte estivemos separados pero na segunda había algúns sitios libres e puidemos estar todos xuntos.
Os dous goles en contra dos primeiros minutos anunciaban un partido difícil e duro, pero finalemente a super remontada contribuíu de maneira especial a que o pasaramos moi moi ben. Ver 5 goles nun partido de fútbol non é habitual así que fomos afortunados. E para a nosa sorte, conseguimos coller algunhas das bufandas que regalaban no estadio. Así que marchamos moi contentos para as nosas casas despois de disfrutar dun superpartidazo.
Se cadra, igual temos sorte e nos convidan para outra... :)
Escribir comentario