Fin do 2º trimestre cun Café Concerto e noso habitual encontro de animadores.
Pola mañá e ata media tarde estivemos avaliando as actividades, facendo formación de animadores e por suposto disfrutando dun día xuntos todos os que currelamos cada semana para sacar adiante as actividades e proxectos da entidade.
Pola tarde-noite, unha nova edición do noso Café Concerto, moi familiar e cheo de música e risas.
Sen dúbida foi un día moi interesante.
As 10h da mañá xa tiñamos os curasáns e estabamos a preparar café e colacao para tod@s. Un encontro de animadores sen almorzo non é un econtro de animadores... :·)
Joaquin tiña preparados uns bos días cunha canción de Linkin Park que nos axudou a pensar e iniciar o día. E así comezou a avaliación das actividades, onde falamos e falamos sobre o que estamos a facer ben e non tan ben, e sobre as cousas que funcionan e as que non. Sempre moi interesante para seguir a mellorar.
Despois unha formación en formato xogo de roll no que había uns casos prácticos que se poden dar cos rapaces, e había que resolvelos de maneira creativa e axeitada.
De xantar, unhas pizzas riquísimas, seguidas dun café riquísimo e dun postre de que nos fixo a nosa tía Mildred. Todo boísimo... Non podia faltar unha sobremesa de xogos, no que Ana, unha vez mais, trouxo unha das súas xoias. E así foi pasando o tempo ata que chegou Alberto para montar o Café Concerto.
Así que chegou Migui, sacamos os micros, os pes de micro, os altofalantes que pesan a mitra, a mesa de mesturas, os cables, as luces, etc... E por suposto as sillas, os sillóns, as mesas, os pufs, etc... movimos as tarimas e walá, despois dun duro traballo, todo estaba listo para probar o sonido e que non faltase de nada. Ah si, faltaba a compra, así que algúns fomos a mercar cousiñas ricas e outros quedaron montando a kfeta na entrada. E así foi pasando a tarde. Algún que outro ensaio e finalmente chegaron as 20h.
E as 20:10h, e as 20:20h, e as 20:30h... Cadraban algúns eventos alleos a nós que sabíamos que ían mermar a asistencia, pero non imaxinamos que tanto. O caso e que finalmente decidimos empezar o que sería un dos cafés concerto máis familiar da historia... :·)
E pasámolo moi ben, alí entre amigos. E tivemos música, e chistes de Candela, e un conto improvisado, e máis música... E aínda tivemos público que chegou ao final... Nesta ocasión ata tivemos fotógrafo... Xa o decía Sabina... tivemos máis de 100 motivos...
E finalmente rematamos sobre o horario previsto cun moi improvisado discurso da nova presidenta e as súas "huestes". Aquí comeza técnicamente unha nova etapa para Xentenova. Esperamos que sexa moi boa.
Momento para o recordo e desexo de que o seguinte será mellor. Os que estivemos o pasamos ben, e iso é o importante... nonsi?... O Café Concerto seguirá a ser unhas das actividades maís chulas de Xentenova ano tras ano, como ven sendo dende o ano 1997.
Finalmente so quedaba desmontar todo o montado. As tarimas volveron ao seu sitio e os micros, aparatos e cables tamén. Non foi esforzo, xa que o fixemos entre amigos.
O noso agradecemento a tod@s os que axudaron a montalo e a desmontalo, a tod@s os que cantaron e subiron ao escenario e a tod@s os que se achegaron e nos acompañaron. A próxima, se hai sorte, será a finais de Xuño, xusto no 34 aniversario de Xentenova. Alí esperamos atoparvos.
Escribir comentario
Aldara (miércoles, 17 abril 2019 08:44)
Claro que lo pasamos bien... Eso siempre... No necesitamos mucho para montar una fiesta!
Xabi (miércoles, 17 abril 2019 13:11)
Joe que mal no poder haber ido, a la próxima iré sin falta�