Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

 · 

Retos xentenovianos na casa

Despois dunha primeira semana na casa para situarnos e comezar a establecer "rutinas" saudables, Xentenova quere propoñervos uns pequenos retos para que fagades nas vosas casas e creemos momentos xeniais e divertidos. Desixamos aquí un vídeo presentación da iniciativa ademais dun texto no que aparezan as "bases" da proposta...

 

  • Retos: A nosa idea é que todo estea centralizado a través da páxina web. Aínda así tamén estarán no noso canal de Youtube e serán publicitados a través de Instagram, Twitter, Facebook e Whatsapp.
  • Quen os pode facer? Principalmente vai dirixido aos participantes habituais de Xentenova e as súas familias, pero está aberto a todo o mundo mundial (amigos, xente descoñecida, ...).
  • Como respostar aos retos? Podedes facer un vídeo, fotos, texto realizando o reto e envialo ao teléfono ou mail oficiais de Xentenova. Os menores de idade terán que facelo a través dos pais e nais xunto cunha autorización para que poidan ser publicados na web. (Podedes facer os vídeos e as fotos sen que se vos mire a cara)
  • Comentarios e suxestións: Podedes comentar (agradecémolo moito) todo o que fagamos, sobre todo na web xa que así os comentarios non se perden e quedan aquí para sempre. Comentar nas redes tamén ten a súa repercusión mediática. Desta maneira a web e as redes estarán moi activas e sentiremos que estades ao outro lado e que o que facemos ten sentido ... tamén podedes facer suxestións para mellorar a oferta.

 

Un saúdo en nome dos animador@s de Xentenova. Moito ánimo para estes días.

Escribir comentario

Comentarios: 0