TRISTE FINAL PARA UN BO SOÑO, O NOSO SOÑO!
COMUNICADO OFICIAL
Peche definitivo da Asociación Xuvenil Xentenova
Alá polo 22 de Xuño de 1985, e tras levar xa uns 25 anos realizando actividades como centro xuvenil, constituíase legalmente a Asociación Xuvenil Xentenova para “contribuír no tempo libre á educación e á promoción integral de nenas e nenos, adolescentes e mozas e mozos” mediante voluntariado xuvenil. Con data 29 de Decembro de 2020, e tras máis de 30 anos facendo todo tipo de actividades educativas, os socios e socias actuais da entidade víronse obrigados a tomar a triste decisión de poñer fin a ese soño que foi Xentenova e disolver a entidade definitivamente. Nos vindeiros meses producirase a liquidación da Asociación como entidade xurídica.
Concurso de Postais de Nadal
As gañadoras terán como premio unha camiseta
Moitas grazas a tod@s os que participástedes este ano!
Aqui tedes o pequeno vídeo que enviamos á Subvención de Iniciativa Xove sobre algunhas actividades 2020. Esperamos que vos guste.
A pesar do COVID, tivemos campa!!
Contra todo prognóstico, neste 2020 finalmente marchamos de campamento durante unha semana ao Albergue Rural “O Coto”, en Arbo, Pontevedra. Este ano, a diferenza do anterior, marchamos tanto Bules e Tolainas, coma Trasnos; sendo en total 22 nenos e 5 animadores.
Máscaras, distancia social, grupos burbulla, ...
Graciñas por participar !!!
Aquí deixamos enlaces a todo o que fixemos durante o confinamento.
"A Xuventude non é unha idade senón unha forma de voar"