Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Aulas Virtuais para as Actividades

 

Como a pandemia parece que vai para longo, imos establecer xa unhas aulas virtuais fixas para que cada quen saiba a que sala ten que acceder segundo a actividade na que vaia a participar.

 

Lembrade que non podedes acceder ata que o moderador entre primeiro e configure a sala.

Aula Principal

Para temas xeriais de xestión, soci@s, animador@s, reunións de pais e nais, ...


Aulas de Guitarra


Aula de Apoio Escolar


Aula de Bule-Bule


REQUERIMENTOS TÉCNICOS:

  • Programa utilizado: Jitsi Meet (porque é Software Libre ademais de ter un alto nivel de cifrado).
  • Acceso mediante PC: Premede no enlace e listo calixto. Teredes que introducir un nome/alcume, darlle permisos ao programa para usar a vosa Cámara e Micro e eperar a que vos aceptemos na conversa. (Debería funcionar en calquera navegador web sen ningún problema).
  • Acceso mediante Móbil ou Tablet: Tedes que descargar primeiro a aplicación gratuíta Jitsi Meet dende o Play Store. Logo premedes no enlace e xa vos abre a aplicación automáticamente. Despois seguide os pasos do punto anterior.
  • Apertura da Aula: Temos que entrar nós primeiro para crear a sala e activar os niveis de privacidade e seguiridade. Unha vez dentro avisarémoste para que accedas. Cada persoa que acceda ten que ser aceptada polo moderador/a.