Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Campamento de Verán 2020

 

Aberta a inscrición !!!

 

Con todas as medidas Anti-COVID-19.

Campamento 2019 en A Estrada
Campamento 2019 en A Estrada

  • Datas:  Do 21 ao 27 de Agosto.
  • Idades: Está dirixido a rapaces e rapazas de 9 a 18 anos.
  • Lugar: Albergue Rural O Coto (Arbo). Situado no medio da natureza a carón do río Deva, con praia Fluvial a 20 metros, e con 3 roteiros de sendeirismo que parten do lugar. A 1,5 km está a praia Fluvial de Arbo sobre o Río Miño. + info na web do albergue
  • Número de prazas totais: 27
  • Actividades: Faremos xogos, xincanas, probas de todo tipo, obradoiros de manualidades, música, baño no río, sendeirismo, deportes, ...
  • Formato: Organizaremos aos rapaces por idades, e cada grupo será independente dos outros. Farán todos á mesma aventura pero adaptada a cada idade.
  • Medidas AntiCOVID-19: Adaptaremos o campamento ás medidas sanitarias oficiais. A mascarilla será obrigatoria así como o distanciamento persoal e por grupos de idades. A limpeza de mans será contínua e haberá un baño con duchas independente para cada grupo de idade. Os xogos non fomentarán o contacto físico facéndose sempre no exterior na medida do posible. Estremaremos a limpeza e a desinfección de lugares, materiais, etc. Cada pai e nai terá que asinar unha declaración responsable de non ter síntomas nos días previos, e no que acepta os protocolos sanitarios do campamento.
  • Inscrición: A inscrición xa está aberta. So tedes que confirmar por teléfono. Os formularios de inscrición así como os protocolos antiCOVID-19 estarán en breves na web. (Perdoade a tardanza pero este ano é todo unha loucura).

Documentación

INSCRICIÓN
Os socios e afiliados non tedes que cubrila enteira.
axx-20_Campa_INSCRICION.pdf
Documento Adobe Acrobat 254.8 KB
CARTA PREVIA
Todo o que tes que levar e o que debes ter en conta.
axx-20_Campa-Particip_CARTA-PREVIA.pdf
Documento Adobe Acrobat 506.4 KB

DECLARACIÓN RESPONSABLE
Obrigatorio por prevención de COVID-19. Tes que ler os protocolos anexos e aceptalos neste documento
axx-20_Campa_DECLARACIÓN RESPONSABLE.pdf
Documento Adobe Acrobat 222.2 KB
PROTOCOLO DE ACTUACIÓN
O protocolo anti COVID-19 que imos levar a cabo durante o campa. Te(tenis)s que lelo e aprobalo na Declaración Responsable.
axx-20_Campa_PROTOCOLO XERAL DE ACTUACIÓ
Documento Adobe Acrobat 623.1 KB
PROTOCOLO DE EMERXENCIA
Por se aparecen síntomas no campamento
axx-20_Campa_PROTOCOLO DE EMERXENCIA.pdf
Documento Adobe Acrobat 609.3 KB

Cartel. (Axúdasnos a facer publicidade?)

Cartel Campamento 2020
axx-20_Campa_CARTEL.pdf
Documento Adobe Acrobat 2.3 MB