Aínda que o coronavirus todavía anda solto por ahí, Xentenova quere empezar a sair da casa pouco a pouco e coas medidas hixiénicas que sexan necesarias. E ti... Ves xogar connosco?
¡ATA O 20 DE AGOSTO!
Medidas COVID-19
Principalmente para os que teñen tarefas do cole para o verán ou exames de setembro. Tamén poden participar aqueles que desexen reforzar as materias vistas durante o curso.
Horario: de luns a xoves de 10:30h a 12h. (Poden ser tamén días alternos segundo a demanda)
Para os que sacaron o curso con soltura pero non queren deixar de mover a cachola durante o verán. Faremos unha morea de xogos para seguir facendo algo de cálculo, vocabulario, xeografía, Inglish Pitinglish, ...
Horario: Entre luns e xoves de 10:30h a 12h. (Os días e as horas dependerán un pouco da demanda)
Para xogar e volver a xogar: correr, saltar, gritar, xogos de probas e pistas, mini deportes, xogos de mesa e co paracaídas, xogos populares, ... Unha morea de cousas para exercitar a imaxinancia. Será no local de Xentenova e nos parques anexos.
Horarios: De luns a xoves dentro do horario xeral. (Os horarios dependerán da demanda).
Aprende a tocar a Guitarra. Dirixido tanto para os que empezades de cero como para os que xa sabedes cousas e queredes aprender máis. Haberá varios grupos e quendas segundo os niveis. En principio será unha clase por grupo á semana, pero dependendo da demanda pode que cheguemos a facer dúas.
Horarios: Serán clases de 1h 15min dentro do horario xeral. (os días e os horarios concretos dependerán un pouco da demanda).
Este ano facer manualidades cobra maior relevancia ante as medidas a adoptar polo COVID-19, xa que nos permite estar entretidos cada quen coa súa obra de arte persoal. Será un obradoiro á semana repartido en dúas sesións en días alternos.
Horario: Martes e Xoves de 12h a 13:30h. (Estes horarios poden cambiar segundo a demanda)
Serán os venres pola mañá en xeral dentro do horario habitual. Poderemos ir a calquera lugar da cidade a xogar. Puntualmente pode que organicemos algunha máis longa na que cada quen leve a súa comida e os pais e nais os recollades despois de comer. Ex. Baixar polo lagares e xantar no parque de Castrelos facendo alí a recollida.
Horario: Venres de10:30h a 13:30h. (Puntualmente ata despois do xantar)
Se tes 16 anos ou máis, podes vir a axudarnos coas actividades. Facer voluntariado con nenos pode ser un fantástica maneira de ocupar o teu verán e aprender unha morea de cousas importantes a nivel persoal.
Podes vir todos os días ou dias soltos. O único que che pedimos é que sexas responsable tanto cos días que escollas vir, como cos rapaces nas actividades.
Por suposto esta actividade é totalmente gratuíta para ti.