Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

miniCampamento de Verán 2019

 

Aberta a inscrición !!!

 


Aqui tes toda a info que precisas:

  • Lugar: Albergue de Sabucedo (A Estrada).
  • Datas:  Do 24 ao 28 de Xullo.
  • Idades: Está dirixido a rapaces de Tolainas e Bule-Bule:
    • Tolainas: Nados no 2006, 2005 e 2004 (1º a 3º da E.S.O.)
    • Bule-Bule: Nados no 2003, 2002 e 2001 (4º da E.S.O. a 2º de Bacharelato).
  • Número de prazas totais: 22
  • Prezos:
    • Socios: 95€/p (Pack familiar para máis dun fillo: 85€/p)
    • Non Socios: 110€/p (Pack familiar para máis dun fillo: 100€/p)
  • Formato: Será unha mestura entre un campa dos que soíamos facer e unha xuntanza de fin de semana. Cociñaremos e realizaremos todas as tarefas de limpeza entre todos e todas. Haberá unha temática xeral de todo o minicampa, e a partir de ahí faremos unha morea de actividades: xogos, obradoiros, deportes, xincanas, excursións, baño no río, dinámicas, ...
  • Criterios de Inscrición: Podedes anotarvos xa. Os criterios serán os seguintes:
    • Lista con Prioridade 1: Para todos os rapaces e rapazas que pagaron a cota anual do curso 2018/2019. Poderán formalizar a inscrición dende xa e canto antes para non perder a oportunidade. Esta vantaxe so será efectiva ata o 30 de Xuño.
    • Lista con Prioridade 2: Para todos os rapaces e rapazas que xa participaron con anterioridade nalgunha actividade de Xentenova independentemente do ano en que se producira. Poderán apuntarse dende xa por teléfono ou mail nunha lista de espera que se engadirá a continuación da lista con prioridade 1 o día 1 de Xullo en caso de haber prazas libres. Por riguroso orde de inscrición.
    • Lista con Prioridade 3: Para rapaces e rapazas que se achegan por primeira vez. Poderán apuntarse dende xa por teléfono ou mail nunha lista de espera que se sumará á continuación das dúas listas anteriores o día 1 de Xullo, so no caso de haber prazas libres. Por riguroso orde de inscrición.
    • A partir do 1 de Xullo: A partir desta data, e unha vez sumadas as tres listas anteriores, as prazas libres estarán dispoñibles a calquera persoa que chame.
  • Formalizar a inscrición: O primeiro é chamar por teléfono, escribir un whatsapp ou mandar un mail ao que responderemos confirmando se xa tedes a praza ou se estades nalgunha lista de espera. Unha vez confirmada a praza definitiva seguindo os criterios do punto anterior, teredes que facer o pagamento e cumprimentar o formulario de inscrición correspondente. A partir do 1 de Xullo, unha vez confirmada a praza, teredes 3 días para entregar a documentación e facer o pagamento. Teredes que descargar 2 documentos: o formulario de inscrición correspondente segundo sexades socios ou non, e ademáis o documento de instruccións e xustificante de pagamento. Para contactar connosco:
Inscrición para o MiniCAMPAMENTO 2019
Aquí tes o formulario de inscrición. Descárgao, cumprimentao no ordenador, imprímeo e pega as cousas que faltan. As Soci@s non teñen que cumprimentar as cousas que xa nos entregaron no formulario anual.
axx-19_Campa_INSCRICION.pdf
Documento Adobe Acrobat 268.4 KB