Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Prezos das Actividades

Na nosa filosofía de fondo está o de chegar a todo o mundo, polo que os nosos prezos tentan ser moi asequibles para case que todos os bolsillos.. Aínda así sabemos que non todo o mundo pode permitirse pagalos, polo que, queremos que saibas que non queremos que ningún nen@ se quede sen participar nas nosas actividades por problema de cartos. Se non te podes permitir pagalos, fala connosco... seguro que o arranxamos.

 

  Actividade Prezo Observacións
   Cota de Afiliad@  50€
  • De carácter anual (outubro a Agosto).
  • Familiar (unha cota por núcleo familiar).
  • Teñen que abonala todos os participantes habituais de Xentenova independentemente do proxecto en que se participe.
  Prezo dos proxectos e actividades Donativo
  • Cada quen decide que prezo lle pon a cada unha das actividades nas que participa.
  • Pode ser un donativo periódico ou único e puntual.
  • Está claro que so coas cotas anuais de afiliad@ non subsistiremos así que precisamos destes donativos para seguir existindo e, se cadra, medrar.
  • Os donativos poden ser anónimos ou non e poden ser abonados por banco ou na oficina. (Hai que incluír sempre a palabra "Donativo" no concepto)
  • Antes tiñan prezo, pero queremos probar este novo sistema que se parece máis a nós e o noso estilo. Desta maneira cada quen decide segundo o valor que lle merece a actividade, ou sinxelamente segundo o que a súa economía lle permite pagar.
  • Que non teñan prezo fixo estipulado, non significa que as actividades teñan menos calidade ou que non teñan valor. A calidade é a mesma e custa moito mantelas.
  • Tampouco significa que os participantes non teñan que manter a constancia e a seriedade coa participación. (Lembrade que as actividades son todas grupais, e perxudicamos aos demais membros do grupo cada vez que faltamos)
  • Aspiramos a que este sistema de cobros se manteña no tempo se entre todos e todas somos quen de facer que funcione.

Podes atopar o noso número de conta bancaria aquí.