O programa cultivarte é un programa que funciona de maneira transversal aos que consideramos os máis importantes da entidade polo seu valor educativo: programas infantil e Xuvenil. Ideouse como un complemento a eses dous programas e ten como finalidade promover espazos onde os participantes se "cultiven" persoalmente a traves da cultura e o "arte". Está pensado ademais para todas as idades.
Aprende a tocar a guitarra dunha maneira sinxela e amena, sen agobios, ao teu ritmo. O obxectivo final é que sexas quen de interpretar calquera canción que che pete dunha maneira digna.
Unha axuda cos estudios para quen a precise. O obxectivo principal é axudar a paliar o crecente fracaso escolar promovendo o hábito de estudiar un chisquiño cada día.
Unha aula para que veñas a xogar co inglés. Para mellorar o noso nivel sen decatarnos, a medida que xogamos. Tenta ser algo transversal ao que facemos no cole, polo que non faremos os deberes nin levaremos ritmo escolar.
E por suposto organizamos as festas tradicionais... Festa de Inicio de Curso, Festa do Magosto, Festival de Nadal, Festa de Entroido e Festival de Fin de Curso.
Cada ano promovemos a lo menos dúas excursións... unha á Neve en Xaneiro e outra á Praia en Xuño. Nos últimos anos tamén tentamos facer outra a finais de Setembro para o derradeiro baño do verán. E tamén tentamos que saia unha en bici. Estas excursións están abertas a nais e pais, e todo o mundo mundial. Pretendemos que sexan unha oportunidade de afianzar os lazos entre os diferentes participantes habituais da entidade así como darnos a coñecer a outra xente.
Cada ano escollemos un proxecto solidario cun dobre obxectivo... sensibilizar aos rapaces e as súas familias en torno á temática que desenvolve e colaborar económicamente co mesmo.