Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Parabéns para Tí. "Cumpleaños Feliz"

Aquí tes a canción máis popular do mundo mundial. Hai versións para todos os idiomas. Resulta moi práctica para as festas de aniversario, incluso para agasallar aos teus amig@s por teléfono unha vez a saibas tocar. A primeira vista podería parecer que é unha canción moi sinxela para os primeiros días de clase, pero non é tal, xa que resulta algo complexa ao principio, especialmente o acompañamento. Deixamos tres retos desta canción: o punteo da melodía que é bastante sinxelo, o rasgueo cos acordes a nivel básico que xa ten algo máis de complicación, e un acompañamento máis complexo para os que levades máis tempo tocando. Así tod@s podedes facer o reto. Ánimo, bo traballo e sorte!

PARABÉNS PARA TÍ - Reto Ritmo + Acordes 1 (nivel básico)

 

Aquí tes un acompañamento sinxelo para que o poidas tentar facer aínda que leves moi pouco tempo tocando connosco. No primeiro vídeo facemos nós o reto para que vexas o que terías que facer ti, e no segundo explicamos polo miúdo e paso a paso como se fai.

Reto

Explicación


PARABÉNS PARA TÍ - Reto Punteo

 

Aqui tes o punteo da melodía. Se xa sabes tocar o Himno da Alegría, e o punteo de Stand By Me, non deberías ter problemas para facer este reto. No primeiro vídeo facemos nós o reto para que vexas o que terías que facer ti, e no segundo explicamos polo miúdo e paso a paso como se fai.

Reto

Explicación


PARABÉNS PARA TÍ - Base Musical para Punteo

 

Aquí deixamos a base rítmica para que encaixes o punteo poñéndoa de fondo.


PARABÉNS PARA TÍ - Reto Ritmo + Acordes 2 (nivel medio)

 

Aquí tes un acompañamento máis elaborado e con máis acordes para os que levades máis tempo tocando. Unha vez controles a estrutura da canción coa outra versión, podes tentar esta. No primeiro vídeo facemos nós o reto para que vexas o que terías que facer ti, e no segundo explicamos polo miúdo e paso a paso como se fai.

Reto

Explicación


Escribir comentario

Comentarios: 0