Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

HIMNO DE LA ALEGRÍA  Ludwig Van Beethoven

Achegamos unha das pezas máis coñecidas de música clásica. Realmente so é un pequeno fragmento da 9ª Sinfonía de L.V. Beethoven. Será o noso primeiro punteo que nos axudará a aprender a mecánia para logo ser quen de realizar máis punteos. En Xentenova aprenderemos a tocar o punteo e tres maneiras de facer o acompañamento.

Reto PUNTEO DO "HIMNO DA ALEGRÍA"

 

Neste vídeo contámosche en qué consiste o reto e o tocamos nós para que vexas o resultado final que tes que tentar conseguir.

 


Explicación PUNTEO

 

Aquí tes a explicación do 1º punteo que ensinamos en Xentenova. É un fragmento de música clásica, o cachiño máis coñecido da 9ª Sinfonía de Beethoven. Para conseguir o reto tes que tocar o punteo sobre a base rítmica que atoparás na web.

 


Base Musical para Punteo

 

Aquí tes o acompañamento que tes que poñer de fondo para tocar e encaixar ti o punteo enriba.

 


Reto RASGUEO 1 DO "HIMNO DA ALEGRÍA"

 

Neste vídeo contámosche en qué consiste o reto e o tocamos nós para que vexas o resultado final que tes que tentar conseguir.


Explicación RASGUEO 1

 

Aquí tes a explicación do rasgueo máis sinxelo que argallamos para acompañar o Himno da Alegría. Temos outro máis complexo que aprenderás máis adiante. Polo de agora, este parece suficiente para ir afianzando os cambios dos acordes.


Reto ARPEXO DO "HIMNO DA ALEGRÍA"

 

Neste vídeo contámosche en qué consiste o reto e o tocamos nós para que vexas o resultado final que tes que tentar conseguir.

 


Explicación ARPEXO

 

Aquí tes a explicación do arpexo do "Himno da Alegría" de Beethoven. Parece doado pero non o é tanto. Por iso o puxemos neste nivel. Queda moi ben se o tocades xunto ao punteo que tamén está nesta web.

 


Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Xabi (viernes, 27 marzo 2020 16:03)

    Oleoleoleeeeeee q talentazo teñen estés dúas profes ehhhh