Aqui tedes todo o material dixital que imos publicando para complementar ás clases presenciais. Atoparás vídeos feitos por nós, o noso caderno de guitarra, tablaturas dixitais e algúns enlaces a contidos adicionais que poden axudarte a coñecer mellor as pezas musicais e aos seus intérpretes. Todos estes contidos estarán publicados en forma de reto que tes que conseguir e calificados por nivel de dificultade para que saibas cal podes asumir. Moito ánimo e a superar retos!
HOXE VENRES 26 DE XUÑO ÁS 19H
AULA PECHADA
Esperamos que vos guste a idea. O formato será o seguinte:
REQUERIMENTOS TÉCNICOS:
Encádranse aquí os participantes que acaban de empezar ou que levan poucos meses tocando connosco. É o nivel no que aprendemos as partes da guitarra, os primeiros 3 ou 4 acordes, os 3 primeiros ritmos básicos e os primeiros punteos sinxelos. Cando vaiamos sendo capaces de tocar o ritmo "Chas Chas Plin" (4/4) poderemos ir pasando ao seguinte nivel.
HIMNO DA ALEGRÍA - Reto Punteo
Aquí tes a explicación do 1º punteo que ensinamos en Xentenova. É un fragmento de música clásica, o cachiño máis coñecido da 9ª Sinfonía de Beethoven. Para conseguir o reto tes que tocar o punteo sobre a base rítmica que atoparás na web.
Máis info sobre este reto aquí
BSO MISIÓN IMPOSIBLE - Reto Punteo 1
Aquí tes un vídeo coa presentación do primeiro reto da BSO de Misión Imposible. É moi sinxelo incluso para quen nunca colleu unha guitarra na man. Noutros vídeos máis complexos subiremos as seguintes partes da canción.
Para aprender o reto preme aquí
SMOKE ON THE WATER - Reto Punteo
Aquí tes un vídeo coa presentación do primeiro reto desta famosa canción de Rock de Deep Purple. É moi sinxelo incluso para quen nunca colleu unha guitarra na man. Quedan para outro vídeo de nivel máis avanzado os acordes e o acompañamento.
Para aprender o reto preme aquí
Neste nivel están os que levan un tempiño connosco e xa empezan a tocar con certa soltura o "Chas Chas plin" (4/4). Aprenderemos 6 ou 7 acordes novos e o 4º ritmo básico. Con isto abrirase moito o noso abanico de posibilidades para tocar novas cancións. Tamén aprenderemos os primeiros arpexos e tocaremos punteos algo máis complexos.
A RIANXEIRA
STAND BY ME - Reto Punteo
Aquí tes un vídeo coa presentación do reto que tes que realizar. Trátase de tocar o punteo da liña do baixo deste famoso clásico da música Soul. Aprende o punteo e logo tócao poñendo de fondo a base musical que tamén atoparás na web.
Para aprender o reto preme aquí
STAND BY ME - Reto Rasgueo
Aquí tes un vídeo coa presentación do reto que tes que realizar. O reto consiste en tocar os acordes e o ritmo mentres cantamos ou tarareamos a canción.
Para aprender o reto preme aquí
STAND BY ME - Reto Rasgueo
Aquí tes un vídeo coa presentación do reto que tes que realizar. O reto consiste en tocar os acordes e o ritmo mentres cantamos ou tarareamos a canción.
Para aprender o reto preme aquí
Aquí están as persoas que xa dominan os 4 ritmos básicos (e algún máis) e aprenden todos os acordes abertos principais (maiores, menores e sétimas). Tamén aprenderemos a movernos con soltura por distintos arpexos.
HIMNO DA ALEGRÍA - Reto Rasgueo 1
Aquí tes a explicación do rasgueo máis sinxelo que argallamos para acompañar o Himno da Alegría. Temos outro máis complexo que aprenderás máis adiante. Polo de agora, este parece suficiente para ir afianzando os cambios dos acordes.
Máis info sobre este reto aquí
O MEU PRIMEIRO ARPEXO - Reto
Aquí tes un vídeo coa presentación do reto que tes que realizar. O tocamos nós para que vexas o que terías que facer ti. O primeiro arpexo sempre custa un pouco, pero unha vez o logres, colleráslle o gusto a tocar arpexos.
Para aprender o reto preme aquí
PARABÉNS PARA TI - Reto Ritmo + Acordes 1
Aquí tes un acompañamento sinxelo para que o poidas tentar facer aínda que leves moi pouco tempo tocando connosco. No nivel 3 deixamos outro vídeo deste acompañamento algo máis difícil e elaborado.
Para aprender o reto preme aquí
PARABÉNS PARA TI - Reto Punteo
Aqui tes o punteo da melodía. Se xa sabes tocar o Himno da Alegría, e o punteo de Stand By Me, non deberías ter problemas para facer este reto.
Para aprender o reto preme aquí
SWEET CHILD O' MINE - Reto Rasgueo
Aquí tes un clásico do rock ben sinxelo de tocar. O reto consiste en acompañar a canción rítmicamente con acordes.
Para aprender o reto preme aquí
Aquí sí que daremos un salto cualitativo. O primeiro que faremos será aprender teóricamente como se forman as cejillas e de onde veñen para así poder atopar pouco a pouco todos os acordes que nos faltaban (Maiores, menores e setimas). Aplicaremos novos ritmos menos cuadriculados ás cancións, e atreverémonos con arpexos e punteos máis elaborados.
HIMNO DA ALEGRÍA - Reto Arpexo
Aquí tes a explicación do arpexo do "Himno da Alegría" de Beethoven. Parece doado pero non o é tanto. Por iso o puxemos neste nivel. Queda moi ben se o tocades xunto ao punteo que tamén está nesta web.
Máis info sobre este reto aquí
PARABÉNS PARA TÍ - Reto Ritmo + Acordes 2
Aquí tes un acompañamento máis elaborado e con máis acordes para os que levades máis tempo tocando. Unha vez controles a estrutura da canción coa outra versión, podes tentar esta.
Para aprender o reto preme aquí
A partir deste nivel xa non hai límites... Cada quen porá o seu. Xa sabemos todos os acordes con cejillas ou polo menos sabemos como atopalos, e xa nos soan bastante ben na guitarra. Somos quen de atrevernos con calquer tema musical, aínda que non a fagamos exactamente como o orixinal. Tocamos todo tipo de ritmos, arpexos e punteos e ata podemos ir máis aló con acordes especiais (novenas, cuartas, sextas, sétimas maiores, ...) e con escalas musicais.
BSO PIRATAS DO CARIBE - Reto Rasgueo
Aquí tes un reto complexo. Non é que sexa moi difícil de aprender, pero si de executar. Ánimo!
Máis info sobre este reto aquí
Déixanos aquí a túa opinión xeral sobre o obradoiro de guitarra. Agradecémolo moito.
Escribir comentario