Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

O Meu Primeiro Arpexo

Os arpexos son unha das cousiñas que máis nos custa tocar ao principio. Sen embargo, unha vez aprendemos, soe gustar moito xa que permiten tocar baladas con moito sentimento. Aqui deixamos un exercicio cun arpexo moi básico. Sabendo tocar este arpexo, podemos logo afrontar algunha canción e outros máis complexos. Neste caso farémolo con 3 acordes básicos que nos permitan mover o polgar polos tres baixos da guitarra, para ir colléndolle o pulso e aprendendo a mecánica. Como exemplo, sabede que este arpexo é o mesmo que utiliza a canción "Everybody Hurts" de R.E.M.

Reto O MEU PRIMEIRO ARPEXO

 

Aquí tes un vídeo coa presentación do reto que tes que realizar. O tocamos nós para que vexas o que terías que facer ti. Consiste en percorrer a secuencia de tres acordes dúas veces, tocando o arpexo catro veces en cada acorde.


Explicación do meu primeiro arpexo 

 

Aquí tes a explicación paso a paso. Fíxate que o polgar da man dereita vai cambiando de corda premendo no baixo de cada acorde.


Escribir comentario

Comentarios: 0