Aquí tes todos os retos xentenovianos #QuedaNaCasa referentes a xogos e obradoiros diversos. Fai todos os que che gusten e mándanos un vídeo ou unhas fotos demostrando como o conseguiches. Ánimo!
GRAN MISIÓN IMPOSIBLE NA CASA
A súpermega gran proposta de Xentenova para estes tempos de coronavirus.
Eins!!!!... Aquí tedes unha das nosas grandes actividades adaptada para facer nas casas. Aquí vos explicamos todo:
Que cousas imos valorar?
TÁBOA DE PUNTUACIÓNS | |
Equipos | Puntos |
O Xestiño | 2.762,4 |
PROBAS A REALIZAR
1.- Facede unha cadea de roupa que percorra toda a casa. 763 ptos.
2.- Cantar toda a familia a canción de animación con xestos de LA VACA LECHERA. 200 ptos.
3.- Grabade un vídeo explicando porqué o papel hixiénico é fundamental para pasar a corentena. 478 ptos.
4.- Facede un castelo de naipes de 4 pisos. 534 ptos.
5.- Consegue facer 10 toques seguidos co pe a una pelota (se o fas en equipo vale dobre). 150 ptos.
6.- Disfrazádevos de otro membro da túa familia (con foto dos dous un ao lado do otro para comparar). 600 ptos.
7.- Camiña aceleradamente (tipo Groucho Marx) durante 20s cun libro na cabeza. 200 ptos.
8.- Crea un poema/canción sobre a corentena. 450 ptos.
9.- Improvisade un experimento científico. 921 ptos
10.- Escribide XENTENOVA co voso corpo. 550 ptos.
11.- Fai un vídeo ensinando aos demais a facer algunha figura de papiroflexia. 500 ptos.
12.- Monta un forte con coxíns e outras cousas q atopes pola casa q poida aguantar calquera tipo de desastre.
650 ptos.
13.- Representade unha escea famosa de peli de modo que sexa recoñecible. 500 ptos.
14.- Creade unha canción sobre o que faredes unha vez remate a corentena e poidades saír da casa. 640 ptos.
15.- Construide unha figura concreta e recoñecible coas cousas que podedes atopar nun estoxo. 400 ptos.
16.- Construide unhas maracas con vasos de iogur e facede un concerto metendo macarróns, arroz, etc (se incluídes outros instrumentos caseiros duplica a puntuación).
491 ptos.
17.- Contade unha anécdota graciosa con mímica.
550 ptos.
18.- Facede un castelo con roios de papel hixiénico.
300 ptos.
19.- Grabade en video de cómo lle enganchades una pinza na roupa a alguén da vosa familia sen que se decate.
430 ptos.
20.- Xa que imos quedar sen Xogos Olímpicos, representade unha proba olímpica dentro da casa. Ex: esquí alpino, ciclismo, calquera das disciplinas de atletismo, natación, etc... 627 puntos.
21.- En honra ao minicampa 2019... Decora toda a túa casa coma se estuvieses no Nadal: guirnaldas de papel, belén, árbore, luces, papanoeles, reis magos, etc... 1000 ptos.
22.- Sacade todos os utensilios de cociña que poidades e explícádenos de maneira graciosa un a un qué outro uso lle darías fora dunha cociña. 837 ptos.
23.- Con canta roupa enriba de ti eres capaz de bailar?... Saca toda a roupa que poidas dos teus macroarmarios, pona toda xunta, e baila para nós. 688 ptos.
24.- Facede un contacontos da maneira máis creativa de que sexades capaces. 712 ptos.
25.- Desexamos aprender unha receta de cociña novidosa. Tedes que explicala mentres a facedes. 577 ptos.
26.- Bailade unha canción do Just Dance. 339 ptos.
27.- En honra aos campas de Bule... Facede o SAÚDO AO SOL para nós. Podedes engadir variantes. 286 ptos.
28.- A ver Picassos... Pintade un cuadro/mural cooperativo entre varios da vosa casa. Tema libre. 777 ptos.
29.- Que tal se vos dan as sombras chinesas?... pois ala... contádenos un pequeno conto. 684 ptos.
30.- Disfrazádevos co que atopedes na casa e representade nunha foto unha escea famosa. 706 ptos.
X-Wing
Hai uns anos fixemos este obradoiro nun campamento Star Wars. O recuperamos aquí para ver quen é quen de facelo. Poñemos dúas versións... unha en vídeo e outra en PDF.
Yoda
E mentres buscaba o vídeo do X-Wing atopei outro de Star Wars do que non me puiden resistir... Nivel avanzado sen dúbida. :·)
Darth Vader
Ana, despois de facer o seu Yoda, atopouse de súpeto co lado escuro.
Falcón Milenario
E, para rematar o círculo StarWars, non podía faltar a perla da galaxia...