Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

STAND BY ME           (Ben E. King)

Achegamos ao noso obradoiro de guitarra un dos meirandes clásicos da música Soul. É unha desas cancións ás que parece que non lle pasan os anos por enriba, sendo unha das pezas "obrigadas" para tocar coa guitarra. Ademáis é das cancións máis sinxelas que podemos aprender. En Xentenova pensamos que desta canción podemos sacar dous retos: o punteo da liña do baixo, e o rasgueo de acompañamento.

STAND BY ME - Reto Punteo

 

Aqui tes o punteo da liña do baixo. Se xa sabes tocar o Himno da Alegría, non deberías ter problemas para facer este reto. No primeiro vídeo facemos nós o reto para que vexas o que terías que facer ti, e no segundo explicamos polo miúdo e paso a paso como se fai.

Reto

Explicación


STAND BY ME - Base Musical para Punteo

 

Pon este vídeo de fondo e toca o punteo encaixándoo correctamente como che ensinamos na presentación do reto. 


STAND BY ME - Reto Ritmo + Acordes

 

Aquí tes un acompañamento sinxelo para que o poidas tentar facer aínda que leves moi pouco tempo tocando connosco. No primeiro vídeo facemos nós o reto para que vexas o que terías que facer ti, e no segundo explicamos polo miúdo e paso a paso como se fai.


Tablatura Stand By Me
Ben E. King - STAND BY ME - Punteo.pdf
Documento Adobe Acrobat 38.5 KB

Escribir comentario

Comentarios: 1
  • #1

    Ana (lunes, 30 marzo 2020 15:35)

    ¡Que reto más chulo!
    Lo vamos a intentar :-)
    Por cierto, estupendos todos los videos....sois unos cracks!!!