Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Festa de inicio de Curso 2018-2019

Sábado 6 de Outubro de 11:30h a 16:30h

 

En que consiste?

Trátase dun encontro festivo para nen@s, moz@s, nais e pais no que xogaremos, comeremos xuntos, explicaremos as actividades de Xentenova para este curso e faremos unha reunión de nais e pais para dar a coñecer a entidade e o noso estilo de facer as cousas.


Obxectivos:

  • Convocar a todos os participantes do ano anterior e as súas familias para dar inicio ao novo curso.
  • Achegar familias e participantes novos que veñan coñecer a nosa proposta educativa.
  • Presentar os proxectos, actividades, horarios e cotas para o novo curso.
  • Pasar un día divertido xogando en familia.
  • Comer xuntos para fomentar o sentido de pertenza á familia de Xentenova.

Qué imos facer?

  • 11:30h.- Acollida. Algúns volvemos a vernos e outros veñen por primeira vez e non coñecen a ninguén. Así que toca recibir a todos os participantes para que todo o mundo se sinta cómodo. Aproveitaremos para coñecernos un chisquiño.
  • 12:00h.- Comezo do Gran Xogo. Os participantes, mesturados por grupos, farán un montón de probas e mini xogos pora conseguir rematar o Gran xogo antes que os demais grupos. As nais e pais tamén están convidados a xogar, pero a experiencia dos últimos anos nos di que son uns "rajados" (jajaja) e non veñen a xogar. Qué xenial sería facer un grupo de pais e nais que competise no xogo!!!. Nós seguiremos facendo a invitación a ver se un ano temos sorte. :·)
  • 13:45h.- Preparación do Xantar. Aquí comezamos a preparar as mesas para o xantar coa comida que achegaron os participantes. Tamén é o momento no que soen achegarse a meirande parte das nais e pais que nos axudan a preparalo todo. Inxluso establecendo un orde de comida que fomente a comida sana por enriba das chuminadas propias destes encontros. "Chapó" para as nais e pais que fomentan a comida sana!.
  • 14:15h.- Xantar Compartido. Pois iso... todos a encher o bandullo.
  • 15:00h.- Preparación do café e da reunión de nais e pais. Os rapaces xa comeron e queren volver a xogar polo que lles daremos un ratiño de tempo libre. Mentres, os adultos, recollemos e limpamos un pouco mentres preparamos o café.
  • 15:15h.- Reunión de nais e pais e actividade para os nenos. Comezo da reunión de nais e pais na que falaremos de que é Xentenova e o que pretende, cales son as suas actividades e horarios, e os prezos para este ano, etc...
  • 16:15h.- Momento lúdico entre todos. Para rematar, teremos un momento lúdico no que botarnos unhas risas.
  • 16:30h.- Fin da Festa.

A quen vai dirixido?

A festa está pensada para rapaces e rapazas de 6 a 17 anos, os seus pais e nais e os adultos que participan nas actividades. É unha actividade aberta a todo o mundo mundial para que nos coñeza nova xente, polo que podedes convidar a todas as persoas que queirades.

 

Xantar Compartido.

Comeremos o que acheguemos entre tod@s. Achegade cousas que se poidan por nunha mesa para todos: aperitivos, comida, lambetadas e bebidas. Non tedes que traer todos de todo, uns unhas cousas e outros outras, con liberdade.

 

As nais e pais.

Estades convidados todo o día. Poderedes participar tamén do xogo. Formaremos un ou máis grupos só de pais e nais que competirán contra os de moz@s e os de nen@s. Seredes quen de demostrar que podedes máis que os pequenos? Ou claudicaredes estrepitosamente? Jeje... xa se verá. Animádevos a vir a xogar, pode resultar moi divertido. Os pais e nais que non desexedes ou non poidades vir ao xogo da mañá podedes incorporarvos no Xantar ou no café da sobremesa.

 

Todo está servido para que sexa un día mooooi divertido. Esperamos contar contigo e con mooooita xente mais. Recibe un saúdo en nome de todos os animadores e animadoras.