Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

Necesitamos a túa axuda

Xentenova é unha entidade pequena e para manternos no tempo e seguir facendo realidade os nosos proxectos necesitamos de toda a axuda posible. Ogallá estivésemos a falar de medrar e facer unha asociación máis grande, pero nos tempos que corren conformámonos con existir. A nosa entidade está en perigo e queremos seguir adiante.

 

Aquí deixamos unha lista de pequenas cousas que podemos facer cada un de nós para axudar á entidade a superar as dificultades e, porqué non, soñar con medrar no futuro:

  • Visitar periodicamente a nosa web participando e comentando para darlle vida.
  • Participar activamente nas redes sociais cando fagamos algunha publicación.
  • Deixar unha valoración permanente nas redes sociais e no libro de visitas da web.
  • Reenviar e axudar a publicitar cada actividade que se propoña entre todas as persoas que se che ocorran do teu contorno.
  • Pon un cartel das actividades de Xentenova nalgún local comercial de confianza. 
  • Achegar un amigo a Xentenova.
  • Conseguir e vestir a túa camiseta e/ou suadoiro de Xentenova.
  • Participar nas actividades que se organicen.
  • Achegar ideas novas e valoracións construtivas do que se fai.
  • Pagar a túa cota de soci@/afiliad@ cada ano.
  • Facerte voluntari@.
  • Facer un donativo puntual ou periódico.
  • E a máis importante: Non ser un simple destinatario dunha actividade concreta. Sentirte membro e parte da gran familia de Xentenova. Sentirte Xentenovian@.

Conta Bancaria da Entidade

  • Titular: ASOCIACIÓN XUVENIL XENTENOVA
  • IBAN:    ES66 0216 0949 1981 0025 6807
  • BIC:      CMCIESMM