Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

mar

03

oct

2017

Excursión a Ézaro

E por fin conseguimos ir de excursión. Polos pelos, xa que non fomos demasiados, pero si suficientes para pasar un dia divertido.

 

Os lugares escollidos prometían, a predición do tempo tamén, o equipo de animadores era suficiente e estaba preparado, así que todo facía presaxiar que ía ser un día xenial... O Miradoiro e a Fervenza de Ézaro xunto co cabo Fisterra esperaban por nós...

Leer más 0 comentarios

jue

06

abr

2017

Un trimestre fantástico, pero sen neve!

 

Ola xentiña... Parece ser que rematou o trimestre... Chega a Semana Santa e con ela un pequeno parón para coller folgos de cara a rematar o curso. Foron unha morea de actividades e bos momentos compartidos que de seguro quedarán no noso recordo por moito tempo; tivemos de todo menos neve... pois si, xa facía anos que non nos quedabamos sen a nosa tradicional e exitosa excursión á Neve. Unha mágoa. O ano que ven volveremos a intentalo.

Leer más 2 comentarios

vie

02

dic

2016

Ole qué arte!

 

Unha fin de semana onde Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule profundizaron no apaixonante mundo da arte a través de diversas disciplinas.

 

Música, danza, pintura, escultura ou baile foron só algunhas das ramas que os xentenovianos tiveron a oportunidade de experimentar a través de xogos, dinámicas e un apaixonante TU SI QUE VALES onde os rapaces puideron demostrar o aprendido.

Leer más 0 comentarios

mié

16

nov

2016

Temos nova Xunta Coordinadora!

Dende a derradeira Asemblea de Soci@s, o pasado 11 de novembro, e coa disolución da anterior Xunta Coordinadora, en Xentenova estivemos a traballar para formar e definir o novo equipo de traballo que tomará o relevo.

 

Tódolos soci@s pasamos por dúas Asembleas Extraordinarias e a Xunta saínte tivo que quedar en funcións entre unha e outra para agardar por nós, e aquí estamos!!! :)

Leer más 0 comentarios

mar

17

nov

2015

Xuntanza de Fin de Semana de "Eixo"

Aínda estabamos metidos a fondo coas presas propias do inicio de curso cando nos aventuramos a organizar a saída de fin de semana do programa "Eixo".

Alí estabamos o venres 30 de outubro pola tardiña, 36 participantes e os animadores listos para zarpar cara Tomiño. Esperábanos unha viaxe de aventureiros para coñecer o Samaín dos nosos antepasados Celtas.

Leer más 0 comentarios

jue

05

nov

2015

Nova Xunta Coordinadora


O pasado venres día 23 de outubro realizouse a Asemblea Ordinaria de soci@s na que se presentaron as contas do 2014 e, posteriormente, a Asemblea Extraordinaria de soci@s na que tivo lugar a elección da nova Xunta Coordinadora.


Saíu como gañadora a única candidatura presentada, presidida por Ana Cristina, seguida pola vicepresidenta Inés, secretaria Rebeca e como tesourera, repite, Nerea (Nono).

Noraboa ás premiadas!

1 comentarios

mar

30

jun

2015

O noso primeiro vídeo en internet

Eins meus... por fin chegou o noso primeiro video en internet... este so é para abrir boca... esperamos que vos guste... a partir de agora haberá moitos mais... Vimos de abrir unha conta en Vimeo así que tamén podedes visitarnos alí.

Leer más 0 comentarios

jue

19

mar

2015

Excursión á Neve

Despois de ter aprazado esta excursión unha semana máis debido ao tempo (que é moi traizoeiro) chegou o glorioso día. Un dos poucos días do ano que pisamos a neve, que a tocamos, que xogamos con ela, porque iso fixemos, amig@s: correr, facer bonecos e guerrillas de bolas de neve, tirarnos dende a ladeira unha e outra vez... Todo un día completo coa mellor compañía posíbel: vós.

Leer más 0 comentarios

vie

09

ene

2015

Café Concerto de Nadal

O pasado sábado 20 de Decembro tivo lugar o noso tradicional Café Concerto de Nadal... un concerto desenchumplugged feito por todos os que se animan a subir ao escenario...


Coma sempre unha velada moi amable e familiar de música, que combina experiencia e calidade coa inocencia e frescura dos que comezan a dar os seus primeiros pasos na música.

Leer más 0 comentarios

vie

02

ene

2015

Festival de Nadal

Chegou o Nadal, e con el o fin do trimestre, e por suposto, o noso Festival no que amosar todo o que os participantes de Xentenova somos quen de facer. E semella que foi moito... jejeje...

 

Así o sábado 20 de decembro o noso escenario encheuse de creatividade, música, risas, esforzo, medo escénico e moita chispa... non faltaron cancións, pezas musicais instrumentais, teatro, concurso, e premios para os gañadores e participantes no concurso de Postais de Nadal.

Leer más 0 comentarios

vie

05

dic

2014

Encontro de Fin de Semana 

O pasado 28, 29 e 30 de novembro Xentenova converteu en realidade un desexo dos animador@s máis veteranos: recuperar o encontro de fin de semana que se facía hai anos para os rapaces e rapazas da entidade. Se ben nesta ocasión cun deseño novo e aberto a máis proxectos, xa que foi dirixido principalmente aos proxectos Xainines, Trasnos, Tolainas e Bule-Bule, é dicir... O noso programa EIXO!

 

Dous días e dúas noites que pasamos fóra das nosas casas, aprendendo a convivir entre nós e a sermos independentes. Pero, sobre todo, pasándoo en grande xogando, cociñando e gozando da natureza da nosa Terra.

Leer más 0 comentarios

vie

21

nov

2014

Magosto

 

O pasado sábado 8 de novembro tivemos o noso Magosto xentenoviano xunto coa A.VV. San Roque. Eles porían as castañas e nós os xogos.

 

Frío e chuvia acompañáronnos pois nunha tarde na que os xogos tradicionais e as castañas foron as protagonistas. Cun plan A (de non chuvia) e un plan B (de chuvia), fomos salvando a tarde paseniñamente.  

 

Leer más 0 comentarios

vie

07

nov

2014

Festa Celta


 

Despois de moitos anos sen celebrar a Festa Celta por diversas razóns... Este ano tivemos todo a favor para facelo.

 

E é que as cousas boas hai que recuperalas, ou non? Non vos podedes nin imaxinar o xenial que o pasamos o 31 de Outubro nunha noite rodead@s de historia, tradición, comida e xogos, sen olvidar nunca a fantástica compañía.

Leer más 0 comentarios

vie

24

oct

2014

Asemblea Ordinaria de Soci@s

 

O venres 17 de Outubro fíxemos a Asemblea de Soci@s do 2014. Despois de terminar guitarra estivemos fóra falando, rindo e comendo un pouco e logo, dimos o comezo.

 

Explicamos e debatimos temas de Xentenova, como por exemplo o organigrama, presentamos as contas económicas do 2013, falamos da páxina web... Moita xente ao ler isto preguntarase... “Que é esa Asemblea?”, “Que se fai nela?”, “Que hai que facer para estar aí?”.

Leer más 0 comentarios

sáb

04

oct

2014

Festa de inicio

E por fin chegou o gran día...

a Festa de Inicio de curso!

 

Nela dimos a benvida a novas nen@s e reencontrámonos cas nen@s de sempre, que repiten un ano máis con nós.

 

Actividade da mañá para eles, comida conxunta coas nais e pais, sobremesa, reunión de nais e pais e xogos...

 

Un día completo.

Leer más 0 comentarios

vie

03

oct

2014

Excursión ás Illas Cíes

 

Derradeiro sábado de setembro aproveitado ao 100%... porque sabedes que fixemos moit@s de nós? Fomos ás illas Cíes a pasar o día!

 

Por sorte, Lorenzo portouse ben e as nosas predicións estiveron acertadas.

Leer más 3 comentarios

lun

22

sep

2014

Encontro de Animadores de Setembro

O pasado finde do 20 e 21 de Setembro os animador@s de Xentenova, como cada ano, reunímonos para deseñar as actividades do novo curso.

 

Este encontro sempre se fai fora de Vigo, pero este ano non atopamos onde facelo, así que, tivemos que adaptalo nos locais habituais... foi unha mágoa xa que se deixaron de facer moitas cousas divertidas. Aínda así pasámolo ben, e xa temos todo posto en marcha para o curso 2015-2015

Leer más 1 comentarios

jue

04

sep

2014

Campamento de Verán '14

"Sonorus... Quietus!"

Foi unha das expresións que máis se escoitou no campamento e as nenas e nenos que estiveron alí xa saben que significa...

 

Porque non sei se sabedes que o campamento deste ano foi de Harry Potter! E si, podemos dicir que estivemos en Hogwarts, esa escola tan famosa de maxia, onde aprendimos a facer feitizos e pocións, a coidar criaturas máxicas e participamos na gran batalla para derrotar ao malo malísimo do mundo máxico, o-que-non-debe-ser-nomeado: lord Voldemort.

Leer más 6 comentarios

mar

11

mar

2014

Festa de Entroido

Qué xenial o Entroido!... pasámolo ben eh!...

Foi o pasado Sábado 1 de Marzo. Houbo disfraces para todos os gustos, misión imposible chea de probas divertidas, xantar compartido no que participaron algúns pais e nais e desfile e entrega de premios. Os mellores disfraces foron votados por todos os presentes e resultou moi xusto e repartido a verdade. Ao final cancións para rir a esgalla.

...

Leer más 2 comentarios

mar

25

feb

2014

Excursión á Neve

E por fin fomos á Neve!...

Despois de catro intentos estragados polo mal tempo, finalmente saiu adiante o pasádo sábado 22 de Febreiro. Eramos nada menos que 80 persoas entre nen@s, moz@s e pais e nais. Fixemos un concurso de Bonecos de Neve, tirámonos polas ladeiras en plásticos... e sorprendentemente o tempo acompañou...

Pasámolo Xenial!

Leer más 0 comentarios

lun

18

nov

2013

Magosto

O pasado sábado 16 de Novembro tivemos o xa tradicional Magosto no Barrio de San Roque... Fixémolo, como xa ven sendo habitual, xunto coa Asociación de Veciños San Roque. Houbo Castañas a esgalla, xogos populares, bebidas e un viniño para os maiores... E moito frio... e ademais moito frio... dixen xa que houbo moito friiiiiiio?... jeje... pero non choveu, así que quedamos contentos...

Leer más 0 comentarios

jue

26

sep

2013

Comezamos o curso 2013-2014!

Ola... Saúdos a todos...

 

Xa estamos a poñer en marcha o novo curso de Xentenova. Atrás quedan as vacacións e o campamento de verán. Agora toca arrancar de novo para que teñamos un curso fantástico. E o iamos facer cunha EXCURSIÓN ÁS ILLAS CIES o vindeiro sábado 28 de Xullo, pero a choiva no lo vai estropear. Así que verémonos todos na FESTA DE INICIO DE CURSO o sábado 5 de Outubro. Esperámosvos a todos todos.

sáb

17

ago

2013

4º Día Campamento Bule Bule

Despois de catro días de campamento, podemos volver actualizar o noso blog.

O segundo día foi o día do WhatsApp. Aproveitamos para coñecer as distintas formas de comunicación, xogar cun WhatsApp analóxico, facer unha caixa sorpresa no obradoiro, e ir á praia fluvial por primeira vez, un sitio maravilloso onde o pasamos de maravilla. Ata disfrazamos e pintamos con moito estilo a Aldara de Azafaifa! Pola noite, para coñecernos todos un pouco mais, unha dinámica de comunicación por parellas, para falar todos con todos. 

O terceiro día, tocou Google Maps, polo que aprendimos a ler e entender mapas, e fixemos unha experiencia de Raid, é dicir, que nos mesmos tivemos que decidir todo o correspondente á camiñada: onde ir, que levar, como chegar, se chegar ou quedarnos antes, como volver... e decidimos chegar ata o final porque somos uns cabezotas... así que fixemos... ¡¡¡¡28 enormes kilometros!!!! e sentímonos moi orgullosos do noso logro. 

Agora temos as pernas cansas, ampollas nos pes, agotamento máximo... pero xa con forzas para continuar co CampApp. 

Hoxe, tocou Ocio Constructivo, polo que xogamos a distintas aplicacións de xogos de forma analóxica. O principal xogo era o Atríviate onde os pequenos do grupo gañaron aos maiores, e ademais xogamos o Apalabrados, Bubble shotter, Angry birds, Jenga, Mahjong e o Pac Man. No obradoiro, un tres en raia feito en barro, e pola tarde, unha pequena volta en bici para seguir collendo forma e rematamos cun bo baño na praia fluvial. 

Agora, imos cear que o gañamos!

2 comentarios

mié

14

ago

2013

1º Día do Campa Bule-Bule

Eins... xa arracou o campa de Bule-Bule... Viaxe en bus, camiñada pequena cargando as maletas ata as instalacións, xogos de presentación e aprendemos as normas de convivencia do campa. Logo chegou o xantar ao aire libre e despois de comer, presentación do noso CampApp. Adicaremos cada día a unha aplicación de móbil. Hoxe tocou o Facebook, polo que confeccionamos o noso muro nunha cartolina. Agora toca enchelo de cousas e mantelo actualizado día a día. E para rematar a tarde un breve, pero intenso paseo en bici. Agora unha duchiña para refrescarnos e xa toca cear... chaito que temos moita fame....

2 comentarios

mié

24

abr

2013

Xornada Solidaria Medioambiental

Qué fantáaaaastica a Xornada Solidaria deste ano… viaxe en Vitrasa, plantación de árbores, unha pequena ruta na nosa cidade... ¿Que mais se pode pedir para un día así?

¡Que levante a man quen non o pasou de fábula o sábado!… Seguro que todo o mundo ten as mans ben abaixo.

Podería rematar este artigo agora mesmo dicindo que foi xenial, maravillosa, divertida, que o pasamos de medo… pero imos dar un pouco de envexa a aqueles que non nos acompañaron... a ver se anímanse para a seguinte saída!!

Leer más 4 comentarios

vie

22

mar

2013

¡Peasso Café Concerto!

¡Si señores!... unha edición máis e xa van... mmm... enésimas... esta actividade tan querida por todos non defraudou... boas cancións, bos intérpretes, moitas risas, moita xente, e moi bo "rollito"...

Para os non iniciados dicir que consiste nun pequeno concerto básico/umplugged en directo que vimos facendo dende 1997... a xente prepara cancións, podes ser un bo cantante ou un principiante... aquí todos podemos expresar as nosas capacidades musicais... e de feito o fixemos...

Leer más 1 comentarios

dom

24

feb

2013

Un Entroido diferente

Qué cedo chegou este ano o Entroido! ... e fixémolo moi distinto a anos anteriores... aproveitamos a actividade das mañás dos sábados e a alongamos ata despois de xantar... e a verdade e que xa facía tempo que non quedabamos tan satisfeitos...

E houbo de todo, gran xogo para os rapaces, teatro, desfile, entrega de premios, xantar compartido xunto coas nais e pais e... ourellas... moitas ourellas...

Leer más 1 comentarios

mié

30

ene

2013

Neve, neve... e máis neve!

 

O pasado sábado 26 de Xaneiro fomos de excursión a Cabeza de Manzaneda...
Despois de 4 anos de sequía goleadora, ¡por fin tivemos un día espléndido con neve por tódolos currunchos!... e tamén atopamos xente... moita xente...
Nen@s, moz@s e nais e pais pasámolo de medo co concurso de bonecos de neve e lanzándonos polas ladeiras...

Leer más 5 comentarios