A Asociación Xuvenil Xentenova é unha entidade non gubernamental (ONG), non lucrativa (ONL), aconfesional e non politizada, que ven realizando actividades
de Lecer e Tempo Libre Educativo dende 1985 en prol da infancia e a mocidade da cidade de Vigo, e máis concretamente do barrio de San Roque e arredores.
A nosa finalidade última consiste en "contribuír no tempo libre á educación e promoción integral das nen@s, adolescentes e moz@s".
Entendemos o tempo libre como un espazo único a nivel educativo, e non só para divertirse e aprender destrezas e habilidades, senón tamén para
compartir e poñer en práctica valores universais de solidariedade e convivencia entre as persoas.
Xentenova é unha asociación Xuvenil, polo que as soci@s temos entre 15 e 29 anos. Aportamos unha cota anual e iso danos dereito a tomar as decisións máis importantes da entidade de cara a levar a cabo os seus fins, así como ter descontos nas distintas actividades e propostas.
Tamén estades as Afiliad@s que sodes todas as nen@s, moz@s e familiares que participades nas actividades e abonades a vosa cota anual independentemente da vosa idade. Tamén vos beneficiades dos diferentes descontos, coa única salvedade de que non tedes dereito a voto, aínda que sí podedes opinar e facer suxestións sobre todo o que acontece na entidade.
En total temos un movemento asociativo anual de 100 persoas aprox. Na nosa base de datos histórica xa superamos as 1500 soci@s.