Educando no tempo libre dende 1985

1ª Trav. de Couto San Honorato Nº3, Baixo

36.204 - Vigo (Pontevedra)


626 531 723

A acollida incondicional

Apostamos incondicionalmente polas persoas, e para iso é imprescindible que teñamos unha visión positiva dos nenos, nenas mozos e mozas e aceptemos tal como é a calquera persoa que se achegue. Tentamos coidar e acompañar a cada quen no seu proceso de crecemento persoal axudándolle a coñecerse mellor a sí mesmo, a descubrir as súas debilidades e potencialidades e poñelas ao servizo dos outros.

O acompañamento persoal

Moitos son e moitos foron os que medraron acompañados por Xentenova. E moitos os que sinten que todo o recibido axudou a ser o que hoxe son. Aínda que moitos destinatarios participan de xeito puntual nas nosas actividades, nos cremos nos procesos a longo e medio prazo xa que promoven o sentido de pertenza. A nosa labor educativa ten máis calidade en tanto os rapaces permanecen connosco ao longo da súa infancia e mocidade mentres van pasando polas distintas actividades. Unha das pezas máis importantes da nosa oferta educativa é o acompañamento persoal dos destinatarios ao longo de toda a súa infancia e mocidade, e estar presentes nos distintos cambios, as veces duros, que os rapaces van experimentando. A propia experiencia corrobora esta aposta, xa que a maioría dos voluntarios da entidade comezaron sendo participantes dende nenos.